Subvencións en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de enerxías renovables de uso térmico no sector residencial, en ámbitos non urbanos, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión.

Obxecto

O obxecto destas bases é apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible, e outras instalación de enerxías renovables que utilicen como fonte de enerxía a xeotermia, hidrotermia, aerotermia ou enerxía solar térmica.

Condicións dos proxectos

Non serán subvencionables os proxectos iniciados antes da data de presentación da solicitude.
Enténdese por inicio dos traballos, conforme a definición recollida no artigo 2 do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, ou ben o inicio dos traballos de construción ou ben o primeiro compromiso en firme para o pedido de equipos ou outro compromiso que faga o investimento irreversible, se esta data é anterior; a merca de terreos e os traballos preparatorios como a obtención de permisos e a realización de estudos previos de viabilidade non se consideran inicio dos traballos.

As actuacións deberán ser realizadas no ámbito rural de Galicia, entendendo como tal o ámbito de aplicación do Plan estratéxico da PAC 2023-2027.

A delimitación destas zonas onde se debe realizar a actuación está definida a nivel de parroquia en función da densidade da poboación. So serán elixibles as parroquias definidas como rurais ou intermedias para os efectos da aplicación do FEADER na páxina web do Inega.

Que sexan finalistas, é dicir, que no momento da certificación final cumpran os obxectivos e funcións para os que foron aprobados.

As actuacións axustaranse ás especificacións indicadas nas presentes bases e á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) en materia de enerxía.

Que o solicitante non teña sido sancionado pola Consellería de Economía, Industria e Innovación pola comisión de infraccións en materia de subvencións no prazo de un ano se a infracción foi cualificada como leve, de dous anos se a infracción foi cualificada como grave ou tres anos se a infracción foi cualificada como moi grave. Os prazos computaranse dende a data de remate do prazo de presentación das solicitudes.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas titulares de calquera dereito sobre un inmoble de carácter residencial ou as comunidades e mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións subvencionables descritas no artigo 4 se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, as agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade, non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Os requisitos para obter a condición de beneficiaria deberanse cumprir, a máis tardar, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Proxectos que se subvencionan

O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante caldeiras de biomasa, bombas de calor ou solar térmica en aplicacións residenciais.

Co obxectivo de garantir ao máximo o aproveitamento enerxético do combustible e minimizar as emisións de substancias contaminantes á atmosfera, os equipos de xeración de calor deberán ser instalacións con avanzadas prestacións operativas, con elevados niveis de eficiencia enerxética e cun bo comportamento con respecto ao ambiente.

Para tal efecto, as instalacións financiadas deben cumprir, cando sexa de aplicación, cos requisitos establecidos no Real decreto 1027/2007, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de instalacións térmicas de edificios (RITE), coas condicións establecidas no documento recoñecido do RITE, así como calquera outra normativa enerxética nacional, rexional ou local que lles sexa de aplicación.

Requisitos técnicos dos proxectos que se subvencionan

Establécense as seguintes consideracións técnicas para cada tipoloxía subvencionable:

Caldeiras de biomasa
As caldeiras de biomasa deberán de cumprir o establecido no Regulamento, en vigor, de Ecodeseño (UE) 2015/1189 da Comisión Europea e ter unha calificación enerxética en modo calefacción igual ou superior a C.
Subvencionaranse as seguintes tipoloxías de caldeiras de biomasa:
Tipoloxía B1: caldeiras que utilicen leña
Tipoloxía B2: caldeiras de alimentación autómatica de pellets ou estelas con volume de acumulación de combustible inferior a 3.000 litros
Tipoloxía B3: caldeiras de alimentación autómatica de pellets ou estelas con volume de acumulación de combustible maior ou igual a 3.000 litros
No caso dos combustibles de biomasa deberanse cumprir os criterios de sostenibilidade e de reducción de emisións dos gases de efecto invernadoiro da Directiva (UE) 2018/2001, relativa ao fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables. Non se admitirán nunha mesma solicitude varias caldeiras de distintas tipoloxías.

Bombas de calor (aerotermia, xeotermia e hidrotermia )
As bombas de calor deberán ter un etiquetado de clase de eficiencia enerxética en modo calefacción a baixa temperatura de A ou superior de acordo ao establecido no Regulamento Delegado Nº 811/2013 e as súas actualizacións.
Ademais, para poder condiderar o sistema como renovable, a bomba de calor deberá ter un SPF superior a 2,5. Esta circunstancia xustificarase de acordo coas especificacións técnicas do fabricante do equipo que acredite o SCOPnet a baixa temperatura segundo norma UNE-EN 14825 ou tamén co documento «Prestacións medias estacionais das bombas de calor para a produción de calor en edificios», emitido polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía. Non serán subvencionables as bombas de calor aire-aire.

Solar térmica
Serán subvencionables as instalacións que aproveitan a radiación solar para o quentamento dun fluído mediante paneis solares térmicos planos ou de tubos de baleiro .
O coeficiente de perdas do panel solar deberá ser inferior ou igual a 6 W/(m2ºC).
Non serán subvencionables aquelas instalacións destinadas ao quentamento da auga de piscinas descubertas.

Investimentos subvencionables

Serán subvencionables:
a) O equipamento principal de xeración enerxética (paneis solares térmicos, bomba de calor, caldeira de biomasa).
No caso da biomasa o custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extracción cinzas), o custo do sistema de almacenamento do combustible e o custo do sistema de alimentación do combustible.
b) Resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento de sistema.
c) O custo de montaxe e conexionado.
d) No caso da enerxía xeotérmica e hidrotermia, o sistema de captación do recurso, sondaxes, intercambiadores, acumuladores, tubarías, etc.

Non son subvencionables:
a) Os gastos de funcionamento da actividade subvencionada e material funxible en xeral.
b) Os gastos anteriores á presentación da solicitude.
c) As obras de mantemento
d) A obra civil non asociada á instalación dos equipos.
e) As conducións de distribución interior da calor e os equipamentos emisores, salvo cando estes sexan parte activa do circuíto de xeración térmica.
f) Os gastos que se realicen en pago de licenzas, gastos sometidos a aranceis, adquisición de bens de segunda man e os recolleitos con tal carácter no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Contía da axuda

Para o cálculo de axuda establécense os seguintes custes elixibles por tecnoloxía:
a) Biomasa
O investimento elixible máximo por potencia unitaria (sen IVE) estará limitado polas características do sistema segundo a seguinte táboa:

b) Bomba de calor Xeotérmica

c) Bomba de calor Hidrotermia
O investimento elixible máximo sen IVE será de 1.200 €/kW para as bombas de calor auga/auga.
Para o cálculo da axuda por potencia, considérase a potencia calorífica nominal en modo calefacción nas condicións nominais de temperatura da norma UNE-EN 14511.

d) Bomba de calor Aerotermia
O investimento elixible máximo sen IVE será de 900 €/kW para as bombas de calor aire/auga.
Para o cálculo da axuda por potencia, considérase a potencia calorífica nominal en modo calefacción nas condicións nominais de temperatura da norma UNE-EN 14511.
Para iso achegarase a ficha técnica do catálogo do fabricante do equipamanto onde veña recollida esa potencia ou capacidade calorífica en condicións nominais de ensaio segundo dita normativa (UNE-EN 14511 ou equivalente).
De acordo coa norma UNE-EN 14511, tomarase como temperaturas de referencia para o cálculo da potencia 7/35 ºC (A7/W35) para bombas de calor aire/auga .

e) Solar térmica
Segundo a tecnoloxía utilizada, o investimento elixible máximo sen IVE será o seguinte:
Paneis planos 800 euros/m2 de superficie de apertura
Tubos de baleiro 1.200 euros/m2 de superficie de apertura

A contía da axuda será do 50 % do investimento elixible da instalación.
Adicionalmente, dependendo da tipoloxía establécese unha axuda máxima por vivenda :

TipoloxíaAxuda máxima por vivenda (€)
Biomasa8.000
Xeotermia10.000
Aerotermia/Hidrotermia2.500
Solar térmica2.000

En proxectos multivivenda a axuda máxima por proxecto será de 40.000 €.
En ningún caso o custe de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *