Subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de enerxía solar fotovoltaica, en ámbitos non urbanos (Código de procedemento IN421O), así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (Código de procedemento IN421N) recollidas como Anexo I desta resolución e proceder á convocatoria para a anualidade 2024.

Obxecto

O obxecto destas bases é apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos para subministración en vivendas ou inmobles de carácter residencial.

Condicións dos proxectos

  1. Non serán subvencionables os proxectos iniciados antes da data de presentación da solicitude.
  2. As actuacións deberán ser realizadas no ámbito rural de Galicia, entendendo como tal o ámbito de aplicación do Plan estratéxico da PAC 2023-2027.
    A delimitación destas zonas onde se debe realizar a actuación está definida a nivel de parroquia en función da densidade da poboación. So serán elixibles as parroquias definidas como rurais ou intermedias para os efectos da aplicación do FEADER na páxina web do Inega.
  3. Que sexan finalistas, é dicir, que no momento da certificación final cumpran os obxectivos e funcións para os que foron aprobados.
  4. As actuacións axustaranse ás especificacións indicadas nas presentes bases e á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) en materia de enerxía.
  5. Que o solicitante non teña sido sancionado pola Consellería de Economía, Industria e Innovación pola comisión de infraccións en materia de subvencións no prazo de un ano se a infracción foi cualificada como leve, de dous anos se a infracción foi cualificada como grave ou tres anos se a infracción foi cualificada como moi grave. Os prazos computaranse dende a data de remate do prazo de presentación das solicitudes.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas titulares de calquera dereito sobre un inmoble de carácter residencial ou as comunidades e mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións subvencionables descritas no artigo 4 se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, as agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade, non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Os requisitos para obter a condición de beneficiaria deberanse cumprir, a máis tardar, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Proxectos que se subvencionan

O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso da enerxía solar fotovoltaica. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía solar fotovoltaica en aplicacións residenciais.

Investimentos subvencionables

Serán subvencionables:

a) Os paneis solares fotovoltaicos.

b) O acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadros eléctricos, elementos de interconexión, proteccións, cableado, equipamentos de medidas, etc), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota, etc.) e sistema de acumulación con baterías de litio.

c) O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.

d) O custo da montaxe e o conexionado e a dirección de obra.

e) IVE, cando non sexa recuperable conforme a lexislación nacional sobre IVE. Os proxectos deberán incorporar paneis fotovoltaicos e inversor.

Non son subvencionables:

a) Os gastos de funcionamento da actividade subvencionada e material funxible en xeral.

b) Os gastos anteriores á presentación da solicitude.

c) Equipamento e materiais de segunda man.

d) As obras de mantemento e os gastos de alugamento.

e) As taxas e licenzas administrativas. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse gastos subvencionables aqueles que de maneira indubidable respondan á natureza da actividade subvencionable

Contía da axuda

  1. O custo elixible máximo establécese como o sumatorio de dous compoñentes:

Adicionalmente á táboa anterior, se o proxecto leva baterías de litio consideraranse uns custos sen ive de 750 €/kWh de capacidade de acumulación. As baterías de Plomoácido non serán elexibles. De non ncorporar o proxecto baterías, este sumando sería cero.
Para efectos do cálculo da axuda final, non se considerará un custo elixible máximo en baterías por capacidade de acumulación (€/kWh) superior aos custos elixibles máximos da táboa da instalación solar da potencia pico en paneis (€/kwp).

A intensidade da axuda será do 50 % do investimento elixible da instalación, tendo en conta o seu orzamento e os costes elixibles recollidos nestas bases reguladoras.

Na procura de instalacións de potencia racionais, establécese unha axuda máxima por vivenda de 4.000 €. No caso de que o proxecto solicitado inclúa baterías de potencia igual ou superior a 4 kWh, incrementarase en 2.000 €.
A contía máxima por proxecto multivivenda será de 25.000 €.
En ningún caso serán subvencionables as ampliacións das instalacións fotovoltaicas asociadas á subministración eléctrica das vivendas que xa foron obxecto de axuda por parte do Inega en anos anteriores.


Descubre máis desde ASEC ASESORES

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *