Entidades beneficiarias
Poderán solicitar estas subvencións as entidades que reúnan os seguintes requisitos:
1. Carecer de fins de lucro
2. Ter domicilio social no ámbito territorial da provincia de Pontevedra ou excepcionalmente fóra desta sempre que as edicións obxecto da subvención traten sobre temas de interese para a provincia
3. Non incorrer en ningún dos supostos de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas, de acordo co especificado no artigo 13 da LXS
4. Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda autonómica e coa Seguridade Social, e non ter débedas pendentes de pagamento coa Deputación
5. Non ter obrigas nin xustificacións pendentes derivadas de subvencións concedidas pola Deputación
Obxecto
Subvencións públicas destinadas á edición en formato papel e a edicións audiovisuais, mixtas e noutros formatos especiais que se editen en galego normativo durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024, coa finalidade de colaborar na difusión de traballos de interese para a permanencia, o recoñecemento e a identidade da cultura galega a través do tempo.
Lexislación aplicable
Bases de subvencións aprobadas polo acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra do 16 de febreiro de 2024, LXS, Ordenanza xeral de subvencións da Deputación de Pontevedra, Bases de execución do Orzamento provincial para o exercicio 2024 e demais lexislación aplicable.
Contía e Prazo de presentación de solicitudes
Noventa mil (90.000,00) euros.
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria e do seu extracto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e na BDNS.
Outros datos de interese
• Solicitudes: as entidades interesadas poderán presentar unha única solicitude a esta convocatoria, na que deberán indicar o formato no que participan
• Procedemento de concesión: concorrencia competitiva
• Criterios de valoración: os establecidos na base décimo terceira da convocatoria
• Gastos subvencionables: os necesarios para o desenvolvemento do traballo obxecto da subvención
• Compatibilidade: si
• Forma de pagamento: transferencia bancaria
• Forma de xustificación: mediante a presentación de facturas, a conta xustificativa dos gastos, a memoria xustificativa do cumprimento das condicións establecidas na solicitude e a acreditación da debida difusión, nos termos previstos na base vixésima da convocatoria
• Prazo máximo de xustificación: 31 de xaneiro de 2025
Descubre máis desde ASEC ASESORES
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 comentarios