CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA O ANO 2023 DO CONCELLO DE CAMBADOS

Nos vindeiros días poderanse solicitar as subvencións do Concello de Cambados a Entidades sen Fins de Lucro para o ano 2023, pero xa se poden consultar as bases das axudas as asociacións, entidades e clubs deportivos na nosa web, para ir preparando toda a documentación precisa. Adiántate nos trámites e consulta as dubidas que teñas en Asec Asesores

A finalidade desta convocatoria é promover, fomentar e apoiar as asociacións, entidades e clubs deportivos na realización de actividades culturais, deportivas, asociativas, sociais, asistencias e educativas durante o ano 2023. Búscase pois, diversificar a oferta de actividades a través do fortalecemento do tecido asociativo do municipio.
As subvencións obxecto desta convocatoria divídense nas seguintes liñas, segundo as finalidades concretas a financiar:

  • Transferencias a entidades benéfico-asistenciais: Van dirixidas a actuacións cuxos obxectivos sexan a mellora das condicións de vida dos colectivos vulnerables así como corrixir situacións de desvantaxe social.
  • Transferencias para actividades complementarias de educación: Van dirixidas a fomentar as actividades complementarias de educación en xeral, mediante a colaboración co gasto nas actividades realizadas polas distintas asociacións do Concello (ANPAS) ao obxecto de facilitar e achegar as actividades complementarias a toda a poboación.
  • Transferencias a entidades culturais: Teñen por obxecto financiar as actividades de promoción da cultura e a participación dos distintos colectivos poboacionais en tódolos ámbitos da vida social e cultural (actos folclóricos e musicais, seminarios, excursións de contido cultural, cursos …..), co fin de fomentar a cultura popular e o arte.
  • Transferencias ocio e tempo libre: Van dirixidas ó financiamento de actividades de fomento da actividade física e de lecer que desenvolvan as asociacións.
  • Transferencias para festas populares: Teñen por obxecto financiar gastos correntes de festas populares que desenvolvan as asociacións.
  • Transferencias a entidades deportivas: Teñen por obxecto fomentar o desenvolvemento das actividades deportivas no Municipio a través do financiamento de campionatos, eventos deportivos e actividades desenvoltas polos clubs deportivos.

GASTOS SUBVENCIONABLES
Son gastos subvencionables aqueles directamente vinculados á actividade obxecto de subvención, debendo estar estas dentro do obxecto da convocatoria especificado para cada unha das liñas de subvención, e que se realicen no termo municipal de Cambados polas entidades previstas na base cuarta.
Para as liñas “Transferencias para actividades complementarias de educación”, “Transferencias a entidades culturais” e “Transferencias ocio e tempo libre”, especifícanse como subvencionables as actividades que realicen as entidades previstas na base cuarta no termo municipal de Cambados ou, excepcionalmente, fóra deste, no caso de intercambios culturais, visitas educativas, ou actividades formativas en torno o patrimonio ou a cultura de Galicia, que se atopen dentro de alguna das seguintes:

  • Cursos, charlas, obradoiros e calquera outra acción complementaria ás actividades ordinarias dos colectivos descritos no punto anterior.
  • Publicacións de posta en valor da historia ou da memoria individual ou colectiva de Cambados.
  • Publicacións, ou outro tipo de accións encamiñadas a recuperación do patrimonio local.
  • Mostras culturais e etnográficas.
  • Festivais musicais e de artes escénicas.
  • As actividades do fomento do uso do galego.

Quedan excluídos e, polo tanto, non serán obxecto de subvención nestas liñas os seguintes conceptos:

  • As actividades subvencionadas no mesmo exercicio a través doutras convocatorias de subvencións ou plans do Concello de Cambados.
  • As actividades que conten con convenio de financiamento co Concello de Cambados, ou sexan coorganizadas polo mesmo.
  • Os gastos de funcionamento das entidades, os gastos correntes, os gastos bancarios e os gastos de persoal da propia entidade.
  • As viaxes de lecer, as excursións, as festas gastronómicas e as festas populares.
  • As actividades ordinarias que supoñan un custo para os membros da asociación.
  • Os gastos gastronómicos, agás naqueles casos de intercambios culturais fora da Provincia de Pontevedra.
  • Actividades que utilicen linguaxe sexista ou empreguen a imaxe da muller como reclamo no seu desenvolvemento.
  • As actividades que promovan, ocasionen ou xustifiquen maltrato, tanto a persoas como a animais.
  • Os gastos derivados da realización de actos confesionais.

Para a liña “Transferencias a entidades deportivas”, especifícanse como subvencionables os gastos de seguros, arbitraxes, transportes, premios, vestiario, material deportivo e equipamento necesarios para o desenvolvemento da actividade subvencionada.
Especificamente quedan excluídos, isto é, non se consideran gastos subvencionables, os derivados de comidas por xuntanzas (agás nos supostos de transferencias para festas populares), e en xeral, gastos que non estean directamente vinculados á actividade obxecto de subvención, ou que dificilmente poidan relacionarse coa mesma. Neste sentido terase especialmente en conta os conceptos especificados nas facturas que se entregarán como xustificantes dos gastos. Quedan expresamente excluídas así mesmo as actividades relativas á caza e tauromaquia.
O período que se terá en conta para a realización das actividades será o exercicio económico do 2023, agás as relativas ás entidades deportivas, que será por tempada e a cuxo efecto poderá xustificarse a subvención con facturas que abranguen o período do 16 de novembro do 2022 ó 15 de novembro do 2023.

Categorías: AXUDAS

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *