As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación para a mellora das infraestruturas dos establecementos de aloxamento turístico e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia
En concreto, son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:

a) Os establecementos hostaleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos e albergues turísticos, de acordo co artigo 55.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.
b) Os restaurantes incluídos no Grupo I do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, debidamente rexistrados e clasificados no REAT.

Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2024. En ningún caso admitiranse nin facturas nin xustificantes de pago anteriores á devandita data.

En concreto, poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece nesta resolución, os seguintes investimentos:

Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial a Q de Calidade Turística.

Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.

Actuacións de renovación e modernización das instalacións e embelecemento do contorno da instalación.

Equipamentos mobles necesarios para o funcionamento.

Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético, así como a instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aire.

Actuacións de dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización do establecemento.

Adaptación dos sistemas de seguridade e saúde na prestación de servizos.

Os proxectos que se recollen no parágrafo anterior como accións subvencionables poderán alcanzar unha subvención de ata o 60 % sobre o orzamento do investimento subvencionable.

O orzamento de execución do proxecto presentado coa solicitude de subvención será de 100.000 Euros, no caso de que sexa superior ao devandito límite, requirirase á persoa solicitante para que reaxuste o proxecto que se vai a executar ao citado límite. Enténdese por investimento neto o importe orzado unha vez deducido o imposto sobre o valor engadido.

Se a actuación requíreo, o titular deberá contar coa correspondente licenza de obras ou, no seu caso, certificado do concello de non precisar dita licenza. Dita documentación deberá presentarse no momento da xustificación da subvención.

Gastos subvencionables

Considéranse gastos subvencionables os investimentos netos en que incorrese a entidade solicitante como consecuencia da realización de proxectos acordes cos requisitos e criterios indicados.

Ademais dos gastos de obra vinculados coa execución do proxecto, serán gastos subvencionables os servizos profesionais vinculados ao proxecto, como honorarios técnicos de redacción do proxecto e de dirección de obra. Os honorarios técnicos non serán superiores ao 6 % do investimento neto admitido.


Descubre máis desde ASEC ASESORES

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: ASESORIA DE EMPRESAS E CALIDADE SL.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a Dinahosting que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Usamos cookies propias e de terceiros para analizar os nosos servizos e amosarte publicidade relacionada coas túas preferencias en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación.   
Privacidad