Axudas económicas para a conservación e rehabilitación de edificios e vivendas situadas no ámbito da Área de Rexeneración e Renovación Urbana do Conxunto Histórico- Área de Rehabilitación Integral de
Cambados.
Persoas ou entidades beneficiarias/ Requisitos dos inmobles
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas e xurídicas propietarias dun edificio ou vivenda, as comunidades de persoas propietarias dun edificio de tipoloxía residencial colectiva, ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias, de acordo con o establecido no D. 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021. As persoas ou entidades beneficiarias deberán reunir os requisitos establecidos no art. 7.2 do RD 106/2018, do 9 de marzo; na Resolución do 3 de agosto de 2018 do IGVS; e na Resolución do 31 de maio de 2019 que modifica algúns aspectos da anterior (IGVS).
As persoas ou entidades beneficiarias destinarán o importe íntegro da axuda ao pago das correspondentes actuacións. Cando a execución da actuación corresponda a varias persoas beneficiarias, a axuda distribuirase en proporción ao custo asumido por cada unha delas. Cando se trate de comunidades de persoas propietarias, esta regra resultará igualmente de aplicación, con independencia de que tanto o seu importe como o custo das obras, deba repercutirse nas persoas propietarias e, se é o caso, de conformidade coas regras previstas na lexislación de propiedade horizontal. Non obstante o disposto no parágrafo anterior, cando algún dos membros da comunidade ou da agrupación de comunidades de persoas propietarias non cumpra os requisitos desta resolución e/o de calquera disposición do marco normativo de aplicación, ou incorra nunha ou varias das prohibicións establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, non se atribuirá a dita propietaria a parte
proporcional que lle correspondería da axuda recibida, que se rateará entre os restantes membros da comunidade ou agrupación.
Será requisito específico das actuacións que se realicen nas vivendas unifamiliares ou nas vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva, que estas constitúan o domicilio habitual e permanente, ben da unidade de convivencia da persoa ou entidade beneficiaria ou, de ser o caso, das persoas arrendatarias en réxime de alugueiro.
Unha vez executadas as actuacións obxecto da subvención, a vivenda deberá reunir as condicións mínimas para ser habitada.
Enténdese por unidade de convivencia da persoa beneficiaria o conxunto das persoas que habitan e gozan dunha vivenda de forma habitual e permanente e con vocación de estabilidade, con independencia da relación que exista entre todas elas. Enténdese por residencia habitual e permanente dunha unidade de convivencia o domicilio en que constan empadroados os integrantes desta.
Poderán ser beneficiarias as persoas físicas arrendatarias dunha vivenda que asuman, en virtude dun Acordo coa persoa arrendadora, o custo das actuacións de rehabilitación que correspondan, a cambio do pago da renda.
As vivendas e edificios deben estar construídos con anterioridade a 1996 e alomenos un 70% da superficie construída sobre rasante (excluída a planta baixa ou plantas inferiores se teñen outros usos compatibles) debe ter uso residencial de vivenda.
Todas as actuacións deberán dispoñer de licenza urbanística municipal ou, se é o caso, someterse ao réxime de intervención municipal de comunicación previa. A tramitación desta licenza poderá realizarse con anterioridade á solicitude de axuda ou durante a tramitación do expediente de rehabilitación. En calquera caso, non se poderán iniciar as obras sen obter a licenza urbanística.
Todas as actuacións solicitadas deberán contar coas correspondentes facturas e pagos mediante unha entidade bancaria. Non será recoñecida nin incluída no expediente de rehabilitación protexida ningunha actuación que non conte coa factura e cuxo pago non sexa realizado mediante transferencia ou abono bancario.
Non poderán obter a condición de persoas ou entidades beneficiarias aquelas que estean incursas nalgunha das causas previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeneral de subvencións, no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, ou a quen se lle revogase algunha das axudas contidas en este ou en anteriores plans de vivenda por causas imputables á persoa solicitante.
As persoas ou entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presentan. En calquera caso, o Concello ou calquera outra Administración poderá requirir a exhibición dos documentos orixinais para o seu cotexo coas copias presentadas.
As persoas ou entidades beneficiarias deberán comunicar ao Concello calquera modificación das condicións que motivaron o recoñecemento da axuda e que poidan determinar a perda sobrevida do dereito á axuda.
As demais obrigas que se deriven do marco normativo de aplicación.
Tipos de actuacións e contías das subvencións
As liñas de actuación e as contías máximas das axudas económicas serán as que se
reflicten no seguinte cadro:

Poderán acollerse a esta Convocatoria aquelas rehabilitacións iniciadas na anualidade anterior (2023). Neste caso, no expediente de rehabilitación protexida so poderán incluírse aquelas actuacións (partidas de obra) que non foran concluídas, facturadas e abonadas, sempre e cando se cumpran todos os requisitos e obrigas recollidas nestas bases e no resto do marco normativo de aplicación.
Crédito orzamentario
As axudas contidas nesta convocatoria faranse efectivas con cargo ao Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 26 de outubro de 2018 ata esgotar os fondos de acordo co seguinte detalle:
Total importe convocatoria: 113.737,30 €.

Descubre máis desde ASEC ASESORES
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 comentarios