A finalidade desta convocatoria é promover, fomentar e apoiar as asociacións e entidades na realización de actividades culturais, asociativas, sociais e educativas realizadas durante o período comprendido entre o 16 de Novembro do ano 2023 e o 15 de Novembro ano 2024. Buscase pois, diversificar a oferta de actividades a través do fortalecemento do tecido asociativo do Concello.
As subvencións obxecto desta convocatoria divídense nos seguintes grupos, segundo as finalidades concretas a financiar:

  • Transferencias para actividades complementarias de educación: Van dirixidas a fomentar as actividades complementarias (a realizar no termo municipal de Cambados) de educación en xeral, mediante a colaboración co gasto nas actividades realizadas polas distintas asociacións do Concello (ANPAS) ao obxecto de facilitar e achegar as actividades complementarias a toda a poboación.
  • Transferencias a entidades culturais: Teñen por obxecto financiar as actividades de promoción da cultura e a participación dos distintos colectivos poboacionais en tódolos ámbitos da vida social e cultural (actos folclóricos e musicais, seminarios, excursións de contido cultural, cursos, publicacións …..), co fin de fomentar a cultura popular e o arte.
  • Transferencias ocio e tempo libre: Van dirixidas ó financiamento de actividades (a realizar no termo municipal de Cambados) de fomento da actividade física e de lecer que desenvolvan as asociacións.

ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES
Serán subvencionables as seguintes actividades realizadas no termo municipal de Cambados ou, excepcionalmente, forá deste no caso de intercambios culturais, visitas educativas, ou actividades formativas en torno o patrimonio ou a cultura de Galicia.
Para os efectos destas bases, serán subvencionables as seguintes actividades:

  • Cursos, charlas, obradoiros e calquer outra acción complementaria as actividades ordinarias dos colectivos descritos no punto anterior.
  • Publicacións, e accións de posta en valor da historia, memoria individual, ou colectiva, de Cambados.
  • Mostras culturais e etnográficas.
  • Festivais musicais e de artes escénicas.
  • As actividades do fomento do uso do Galego.
  • Actividades de fomento de ocio saludable e colectivo.
  • Recuperación de elementos etnográficos non inmobles.

Quedan excluídos desta convocatoria e, polo tanto, non serán obxecto de subvención os seguintes conceptos :

As actividades subvencionadas no mesmo exercicio a través doutras convocatorias de subvencións ou plans do Concello de Cambados.

  • As actividades que conten con convenio de financiamento co Concello de Cambados, ou sexan coorganizadas polo mesmo.
  • Os gastos de funcionamento das entidades, os gastos correntes ,os gastos bancarios e os gastos de persoal da propia entidade.
  • As viaxes de lecer, as excursións, as festas gastronómicas e as festas populares.
  • As actividades ordinarias que supoñan un custo para os socios da asociación.
  • Os gastos gastronómicos, agás naqueles casos de intercambios culturais fora da Provincia de Pontevedra.
  • Actividades que utilicen linguaxe sexista ou empreguen a imaxe da muller como reclamo no seu desenvolvemento.
  • As actividades que promovan ,ocasionen ou xustifiquen maltrato, tanto a persoas como a animais.

Os gastos derivados da realización de actos confesionais.

Os gastos de desplazamentos e dietas de membros do colectivo solicitante, ainda que estes derivasen da actividade proposta.

A determinación da contía individualizada de cada subvención resultará da puntuación obtida tras a aplicación dos criterios establecidos na base sexta e do número de solicitudes, non podendo ser o importe da subvención percibida individualmente por calquera das entidades superior a un 75% do orzamento do proxecto presentado.
En ningún caso poderá ser de tal contía que, en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada. Para ese efecto os solicitantes deberán declarar todas as axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo obxecto, no momento da solicitude ou en calquera outro da vixencia do expediente en que se produza.

BENEFICIARIOS
Poderán solicitar estas subvencións as asociacións e entidades que reúnan os seguintes requisitos:

  • Carecer de fins de lucro.
  • Ter o seu domicilio social no termo municipal de Cambados e figurar inscritas como
    tal no Rexistro Municipal de Asociacións, ou non tendo o domicilio no termo
    municipal afecten dun modo directo a colectivos ou intereses deste Concello.
  • Desenvolver as súas actuacións no ámbito territorial do municipio ou que
    afecten a colectivos deste Concello.
  • Non incorrer en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade
    para a percepción de axudas ou subvencións públicas nin nalgunha das
    prohibicións para percibir subvencións recollidas na Lei.
  • Estar ó corrente coas obrigas tributarias da Axencia Estatal Tributaria, Facenda
    galega, coa Seguridade Social e co Concello de Cambados.

A contía da subvención outorgada a cada asociación ou agrupación de cada área subvencionable non poderá superar o 75 % do limite máximo determinado pola dispoñibilidade orzamentaria en cada unha delas, e cando as condicións obxectivas das mesmas sexan similares (nº asociados, área territorial, etc.) deberá ser igual dentro do límite máximo determinado pola dispoñibilidade orzamentaria, debendo ser
motivadas as posibles desigualdades.


Descubre máis desde ASEC ASESORES

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Categorías: AXUDAS

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *