Data de publicación: 08/09/2023

Data de inicio solicitude: 09/09/2023

Data de remate solicitude: 09/10/2023

Obxecto

Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as subvencións para a execución de actuacións de comercio sustentable e circular.

Características da axuda

Considerarase subvencionable a adquisición de solucións sustentables de envasado e empaquetado realizadas con materiais cen por cento naturalmente biodegradables ou ecolóxicos. Poderase acreditar a sustentabilidade dos materiais utilizados mediante certificación, norma ISO ou equivalente que garanta que os produtos foron elaborados con prácticas sustentables e responsables.

En concreto, consideraranse subvencionables:

a) Comerciantes retallistas e obradoiros artesáns:

– Caixas e sobres de cartón ou papel reciclado.

– Recheos, proteccións acolchadas e escumas para a embalaxe.

– Cordas ou cintas de rafia, algodón ou outros materiais naturais.

– Film de material biodegradable.

– Etiquetas.

– Pegamento e cinta adhesiva.

– Bolsas comerciais de fibras naturais ou material reciclado.

b) Asociacións de comerciantes:

– Bolsas comerciais de fibras naturais ou material reciclado.

Establécense os seguintes investimentos máximos subvencionables:

a) Comerciantes retallistas e obradoiros artesáns:

Persoas beneficiariasInvestimento máx. subvencionable
Persoas autónomas e pemes de 0 a 10 persoas traballadoras3.000,00€
Persoas autónomas e pemes de 11 a 50 persoas traballadoras4.500,00€
Persoas autónomas e pemes de 51 a 250 persoas traballadoras6.000,00€

b) Asociacións de comerciantes:

Número de comercios asociadosInvestimento máx. subvencionable
50-697.700,00€
70-9910.000,00€
>=10013.300,00€

O investimento mínimo que cómpre realizar para que o proxecto se considere subvencionable ascende a 1.000,00 €.

E as porcentaxes da subvención sobre os investimentos máximos subvencionables son os seguintes:

a) Comerciantes retallistas e obradoiros artesáns:

Persoas beneficiariasPorcentaxe da subvención
Persoas autónomas e pemes de 0 a 10 persoas traballadoras80%
Persoas autónomas e pemes de 11 a 50 persoas traballadoras75%
Persoas autónomas e pemes de 51 a 250 persoas traballadoras70%

b) Asociacións de comerciantes: 90 %.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións:

1. Comerciantes retallistas:

As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña, deberán ter o domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Que teñan a condición de peme conforme o establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, incluídas as persoas en situación de autoemprego.

c) Que estean dadas de alta nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II da convocatoria e que esta constitúa a actividade principal.

2. Obradoiros artesáns:

Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

3. Asociacións de comerciantes:

Que teñan a condición de centro comercial aberto ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia, e ter unha antigüidade mínima de tres anos na data de publicación desta orde e estar ao día na obriga de aprobación das contas anuais pola Xunta Directiva nos dous últimos exercicios previos.


Descubre máis desde ASEC ASESORES

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Categorías: COMERCIO

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *