Axudas a establecementos turísticos para actuacións de adecuación de establecementos enoturísticos que permitan a posta en valor de produtos vitivinícolas e gastronómicos de Galicia, a creación de experiencias enogastronómicas e a creación e ampliación da oferta de aloxamento vinculada ao sector turístico enogastronómico de Galicia.

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración, que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que inscriban e autoricen ou clasificado, conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia.

En concreto, son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:

a) Os establecementos hostaleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos, vivendas turísticas e albergues turísticos, #de acordo con o artigo 55.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.
b) As empresas de restauración (restaurantes, cafeterías e bares) que se enmarquen dentro do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

Poderán ser beneficiarias das axudas as empresas titulares de adegas vinculadas a establecementos turísticos. As adegas beneficiarias da subvención deberán inscribirse como recursos turísticos no REAT antes do final do período de xustificación.

Pódense diferenciar tres tipoloxías de proxectos subvencionables:

a) Liña 1: adecuación e embelecemento de establecementos enoturísticos.

Trátase de proxectos de reforma e rehabilitación de establecementos turísticos para a posta en valor de servizos de enoturismo, entendidos como aqueles servizos específicos de adega e desenvolvemento de actividades dirixidas ao coñecemento e divulgación de todo o relacionado co viño e a viña, a súa elaboración, crianza, coidados, servizo, harmonías, cata e degustación.

Tamén se inclúen proxectos de adecuación de adegas, vinculadas a establecementos turísticos, que permitan ser visitadas polos/as turistas.

b) Liña 2: proxectos dixitais vinculados a recursos turísticos enogastronómicos.

Proxectos dixitais promovidos por establecementos turísticos de aloxamento e restauración para a posta en valor de produtos vitivinícolas e gastronómicos de Galicia que contan cuns requirimentos de calidade demostrada, tanto polos factores naturais nos que se desenvolven como pola elaboración humana, así como aqueles que garanten que superaron os controis e normativas de calidade establecidas tanto na súa elaboración como na obtención das súas materias primas, creación e deseño.

Inclúe os produtos que conten con Denominación de Orixe Protexida de Galicia, Indicación Xeográfica Protexida de Galicia, a certificación Viños da Terra, ou que dispoñan do selo de destino Galicia Calidade.
Inclúe a creación de programas de desenvolvemento de contornas intelixentes que favorezan experiencias de turismo enogastronómico para os/as visitantes (conectividade, uso de aplicacións móbiles, realidade aumentada, creación de contornas de realidade virtual, xogos, visitas virtuais, …)

Tamén inclúe o desenvolvemento tecnolóxico aplicado ao márketing turístico, a personalización, o desenvolvemento de contidos audiovisuais de calidade e o uso de ferramentas interactivas (photocall interactivo, cartelería interactiva, …)

c) Liña 3: ampliación e mellora da capacidade de aloxamento da contorna turística para a posta en valor da enogastronomía de Galicia.

Proxectos de reforma e ampliación en establecementos turísticos de aloxamento que impliquen a dotación de novas prazas de aloxamentos, respecto das rexistradas no REAT, e que estean vinculados á posta en marcha de experiencias enogastronómicas, tales como visitas en orixe que poñan en valor o proceso de creación da materia prima, o seu coidado, recolección, procesado, elaboración do produto final, así como experiencias interactivas de cociña ou showcooking, degustacións e catas. As experiencias deberán incluír entre os seus produtos principais, polo menos, un produto que conte con Denominación de Orixe Protexida de Galicia, Indicación Xeográfica Protexida de Galicia, a certificación Viños da Terra, ou que dispoñan do selo de destino Galicia Calidade.

Gastos subvencionables

Terán a consideración de gastos subvencionables os que se relacionan a continuación:

a) Liña 1.1: adecuación e embelecemento de establecementos enoturísticos.
Rehabilitación e reforma sostible.

  • Reforma e rehabilitación sostible de edificacións pertencentes a establecementos
    turísticos. Enténdese por rehabilitación sostible aquela que é
    respectuosa coa contorna e está adaptada ás súas condicións, aforrando recursos
    mediante o emprego de materiais de baixo impacto ambiental (procedentes de fontes
    non contaminantes, materiais naturais, reciclados, reciclables e
    reutilizables) e aumente a vida útil do edificio.
  • Actuacións en establecementos turísticos que reduzan a pegada de carbono: a instalación de cubertas vexetais e optimización de sistemas de ciclo de auga.
  • Adecuación das adegas para facelas visitables. Inclúe a adaptación de espazos
    que permitan o acceso e a visita dos/as turistas, mobiliario e reformas que non
    afecten á estrutura da edificación, así como a mellora das condicións de accesibilidade
    e supresión de barreiras arquitectónicas. A adecuación deberá realizarse
    seguindo criterios de sustentabilidade, de maneira que sexa respectuosa coa contorna e
    promova o aforro de recursos mediante o emprego de materiais de baixo impacto
    ambiental (procedentes de fontes non contaminantes, materiais naturais,
    reciclados, reciclables e reutilizables).
  • Gastos de elaboración do proxecto de obra. Será subvencionable por este concepto
    ata o 5% do investimento subvencionable, co límite máximo de 5.000 euros

b) Liña 1.2: adecuación e embelecemento de establecementos enoturísticos.
Enerxías renovables.

  • Investimento en enerxías renovables: instalación de equipamentos para a produción
    de enerxía renovable (enerxía solar térmica, biomasa, aerotermia, geotermia e
    enerxía fotovoltaica).
  • A contribución á sustentabilidade das liñas 1.1 e 1.2 deberá acreditarse na
    memoria explicativa que se achegue coa solicitude.

c) Liña 2: proxectos dixitais vinculados a recursos turísticos enogastronómicos

  • Gastos de deseño e instalación do desenvolvemento de folletos promocionais en formato dixital.
  • Gastos de compra e instalación de cartelería e pantallas interactivas.
  • Gastos de compra e instalación de aplicacións informáticas e aplicacións móbiles.
  • Gastos de compra e instalación de ferramentas dixitais.
  • Gastos en equipos vinculados ao deseño e posta en marcha da experiencia enogastronómica. O importe máximo desta partida non poderá exceder do 10% do orzamento do proxecto. A telefonía móbil queda excluída.

d) Liña 3: ampliación e mellora da capacidade de aloxamento da contorna turística para a posta en valor da enogastronomía de Galicia.

  • Obras de reforma e ampliación que permitan a dotación de novas prazas de aloxamento (deberá supoñer un incremento sobre as prazas que figuren rexistradas no REAT).
  • Mobiliario e equipamento para a posta en marcha das novas unidades de aloxamento. Non serán subvencionables o enxoval das habitacións e baños, nin a adquisición de bens de embelecemento e decoración de estancias.
  • Gastos de elaboración do estudo previo para o deseño da experiencia ou do plan de actividades. Será subvencionable por este concepto ata o 5% do investimento subvencionable, co límite máximo de 3.000 euros
  • Gastos de elaboración do proxecto de obra. Será subvencionable por este concepto ata o 5% do investimento subvencionable, co límite máximo de 5.000 euros.

Os gastos subvencionables deberán estar realizados e pagos entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG e o 30 de setembro de 2025.

Contía da axuda

A intensidade da axuda será ata un 80% do custo total subvencionable do proxecto


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *