Entidades beneficiarias

As entidades sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos a posta en valor do patrimonio marítimo-fluvial de Galicia e que reúnan os seguintes requisitos:

• Carecer de fins de lucro – Desenvolver a súa actividade no ámbito territorial da provincia de Pontevedra.

• Ser titulares dos bens obxecto de rehabilitación ou mellora. Estes deberán ser de construción e tipoloxía tradicionais, feitos con elementos e procedementos tradicionais.

• Empregar os bens en actividades de promoción sociocultural; non poderán destinarse á pesca nin á acuicultura.

• Non incorrer en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas, de acordo co especificado no artigo 13 da LXS.

• Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda autonómica, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra.

Obxecto

Subvencións destinadas á recuperación e á posta en valor dos bens que integran o patrimonio marítimo-fluvial na provincia para o seu uso en actividades de promoción sociocultural.

Lexislación aplicable

Bases de subvencións aprobadas polo acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra do 16 de febreiro de 2024, LXS, Ordenanza xeral de subvencións da Deputación de Pontevedra, Bases de execución do Orzamento provincial para o exercicio 2024 e demais lexislación aplicable.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria e do seu extracto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e na BDNS.

Outros datos de interese

• Procedemento de concesión: concorrencia competitiva.

• Criterios de valoración: os establecidos na base décimo segunda da convocatoria.

• Gastos subvencionables: traballos de rehabilitación de embarcacións tradicionais co fin de recuperar o seu carácter orixinal ou de conservar elementos estruturais que permitan a rehabilitación e o mantemento da embarcación; obras de restauración e conservación das distintas artes e aparellos de pesca e marisqueo tradicionais, ferramentas e maquinaria, instrumental de navegación, útiles de comunicación e sinalización, cordoería, artesanía e demais elementos vinculados á cultura marítima e fluvial; intervencións realizadas sobre os distintos tipos de construcións e instalacións en terra (almacéns, fábricas, estaleiros, lonxas, casetas de pesca, embarcadoiros e pesqueiras, entre outras) ou mostras da arquitectura industrial e popular marítimo-fluvial na provincia.

• Compatibilidade: si

• Forma de pagamento: transferencia bancaria

• Forma de xustificación: mediante a presentación de facturas, a conta xustificativa dos gastos, a memoria xustificativa do cumprimento das condicións establecidas na solicitude e a acreditación da debida difusión, nos termos previstos na base décimo oitava da convocatoria

• Prazo máximo de xustificación: 31 de marzo de 2025

Categorías: AXUDAS

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *