Entidades beneficiarias

Poderán beneficiarse desta convocatoria os clubs deportivos sen ánimo de lucro, legalmente constituídos e con domicilio fiscal na provincia de Pontevedra, que participen en competicións e actividades de ámbito inferior ao estatal e os que participen na competición de fútbol Preferente Galicia.

Obxecto

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión das subvencións a clubs deportivos da provincia de Pontevedra que participan con algún equipo ou deportista en competicións e actividades de ámbito inferior ao estatal e a clubs que participan na competición de fútbol Preferente Galicia. A finalidade destas axudas é colaborar no financiamento dos gastos derivados da súa actividade competitiva durante a tempada 2024-2025 ou ao longo do ano 2025.

Entidades beneficiarias

Poderán beneficiarse desta convocatoria os clubs deportivos sen ánimo de lucro, legalmente constituídos e con domicilio fiscal na provincia de Pontevedra, que participen en competicións e actividades de ámbito inferior ao estatal e os que participen na competición de fútbol Preferente Galicia.

Gastos subvencionables

Consideraranse gastos subvencionables aqueles que de maneira indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada, resulten estritamente necesarios e se realicen durante o período correspondente á tempada 2024-2025, no caso de que esta sexa partida, ou 2025, no caso de que sexa anual.

Para os efectos destas bases subvencionaranse os seguintes gastos de participación e adestramentos dos equipos e das e dos deportistas do club en competicións oficiais organizadas polas federacións correspondentes, que son os seguintes:

• Gastos federativos. Os que correspondan a gastos emitidos polas federacións deportivas ou similares da actividade deportiva subvencionada.

• Gastos de competición e adestramento. Os correspondentes a desprazamentos, aloxamento, manutención, participación, alugueiro de instalacións deportivas, quilometraxe ou calquera outro necesario para asistir ou participar nas competicións ou nos adestramentos da actividade deportiva subvencionada.

• Gastos de persoal. Os relacionados con soldos, salarios ou retribucións, unicamente das e dos deportistas, técnicos, adestradores ou calquera outro axente necesario para a práctica da actividade deportiva subvencionada.

• Gasto de material deportivo. Os que correspondan a vestimenta e equipamento deportivo non inventariable, así como á reparación e mantemento do material deportivo necesario para a práctica deportiva subvencionada.

• Gastos sanitarios. Os relacionados coa saúde das e dos deportistas no desenvolvemento da actividade deportiva subvencionada.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria e do seu extracto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e na Base Nacional de Subvencións (BNS).


Descubre máis desde ASEC ASESORES

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Categorías: AXUDAS

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: ASESORIA DE EMPRESAS E CALIDADE SL.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a Dinahosting que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Usamos cookies propias e de terceiros para analizar os nosos servizos e amosarte publicidade relacionada coas túas preferencias en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación.   
Privacidad