Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios desta convocatoria os clubs deportivos sen ánimo de lucro, legalmente constituídos e con domicilio fiscal na provincia de Pontevedra, que participen en competicións e actividades de ámbito inferior a estatal e os que participen na competición de fútbol Preferente Galicia grupo sur.

Obxecto

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión das subvencións a clubs deportivos da provincia de Pontevedra que participan con algún equipo ou deportista en competicións e actividades de ámbito inferior a estatal e a clubs que participan na competición de fútbol Preferente Galicia grupo sur.

Bases Reguladoras

As bases reguladoras da subvención a clubs deportivos da provincia de Pontevedra que participan en competición de ámbito inferior ao estatal para o ano 2024 aprobáronse na Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra o 7 de xuño de 2024.

Financiación

A concesión das subvencións estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria e convocarase con cargo á aplicación 24/340.3410.489.23 do Orzamento da Deputación para o ano 2024, por un importe total de seiscentos cincuenta mil (650.000,00) euros; a distribución orzamentaria para cada liña será de:

Competicións de ámbito inferior a estatal……………………………………..600.000,00 €

Competición de fútbol Preferente Galicia grupo sur…………………………50.000,00 €

Plazo de Presentación

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria e do seu extracto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e na Base Nacional de Subvencións (BNS).

Importe

O importe das subvencións calcularase de acordo cos criterios de valoración recollidos nestas bases. Establécese un importe máximo de subvención para cada liña; en todo caso, as axudas non poderán superar o 80 % do orzamento presentado coa solicitude. Unha vez realizada a primeira repartición, e en caso de que quedase diñeiro dispoñible, realizaranse tantas reparticións como fose necesario e seguirase o mesmo procedemento.

Os límites establecidos serán os seguintes:

— Competición de ámbito inferior a estatal……………………………………3.000,00 €
— Competición de fútbol Preferente Galicia grupo sur……………………..5.000,00 €

Gastos subvencionables

Consideraranse gastos subvencionables aqueles que de maneira indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada, resulten estritamente necesarios e se realicen durante o período correspondente a tempada 2023/2024 no caso de tempada partida ou 2024 no caso de tempada anual.

Para os efectos destas bases, subvencionaranse os seguintes gastos de participación e adestramentos dos equipos e das e dos deportistas do club en competicións oficiais organizadas polas federacións correspondentes; son os seguintes:

• Gastos federativos. Os que correspondan a gastos emitidos polas federacións deportivas ou similares da actividade deportiva subvencionada.

• Gastos de competición e adestramento. Os correspondentes a desprazamentos, aloxamento, manutención, participación, alugueiro de instalacións deportivas, quilometraxe ou calquera outro necesario para asistir ou participar nas competicións ou nos adestramentos da actividade deportiva subvencionada .

• Gastos de persoal. Os relacionados con soldos, salarios ou retribucións unicamente das e dos deportistas, técnicos, adestradores ou calquera outro axente necesario para a práctica da actividade deportiva subvencionada.

• Gasto de material deportivo. Os que correspondan a vestimenta e equipamento deportivo non inventariable, así como á reparación e mantemento do material deportivo necesario para a práctica deportiva subvencionada.

• Gastos sanitarios. Os relacionados coa saúde das e dos deportistas no desenvolvemento da actividade deportiva subvencionada.

Outras normas que se deben ter en conta:

• Quedan excluídos, entre outros, os gastos derivados de seguros, asesorías, telefonía, ITV, así como calquera outro que non teña relación coa práctica da actividade deportiva subvencionada.

• En ningún caso se admitirán gastos cuxos prezos sexan superiores aos de mercado.

• Salvo disposición expresa que indique o contrario, poderase considerar como gasto subvencionable aquel feito e xustificado, aínda que non estea pagado antes de presentar a xustificación, sempre que se realice no prazo máximo dun (1) mes desde que se lle pague a subvención á persoa beneficiaria. Este aspecto comprobarase cando se faga o control financeiro.

• Non se considerarán gastos subvencionables os que superen o importe de novecentos (900,00) euros e non se paguen por medio dunha entidade financeira. Así mesmo, cando se trate de persoas beneficiarias que non conten con contabilidade, tampouco se considerarán subvencionables aqueles que non se paguen por medio de entidade financeira.

• No caso de que se subvencionen actividades non profesionais, servirá de xustificante o recibo, no que se acredite a identificación da persoa beneficiaria da subvención e do suxeito que desempeña a actividade, o concepto, a data, o importe e o xustificante de que se realizou, se procede, a correspondente retención fiscal.

• No caso de compensacións por desprazamentos en vehículos privados, establecerase sobre a base das tarifas aboadas por quilómetro segundo a normativa vixente.


Descubre máis desde ASEC ASESORES

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Categorías: AXUDAS

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: ASESORIA DE EMPRESAS E CALIDADE SL.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a Dinahosting que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Usamos cookies propias e de terceiros para analizar os nosos servizos e amosarte publicidade relacionada coas túas preferencias en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación.   
Privacidad