Obxecto
Estas bases teñen por obxecto regular a concesión das subvencións a clubs deportivos da provincia de Pontevedra e ás federacións deportivas galegas e españolas para posibilitar a organización de competicións e eventos deportivos que se realicen nesta provincia durante o ano 2024.

Entidades beneficiarias
Poderán beneficiarse desta convocatoria os clubs deportivos legalmente constituídos e con domicilio fiscal na provincia de Pontevedra, e as federacións deportivas galegas e españolas, independentemente do seu domicilio fiscal.

O importe das subvencións calcularase de acordo cos criterios de valoración establecidos nestas bases.
O importe máximo de subvención para cada unha das liñas é o seguinte:
Competicións encadradas na liña 1……………………………………………………………..25.000,00 €
Competicións ou eventos deportivos encadrados na liña 2……………………………….6.000,00 €
En todo caso, as axudas non poderán superar o 60 % do orzamento presentado da competición ou do evento deportivo.

Liñas de actuación e exclusións
A Deputación de Pontevedra establece dúas liñas de actuación:
Liña 1
Axudas para realizar competicións deportivas federadas oficiais de ámbito estatal ou internacional, as cales deberán estar incorporadas nos calendarios oficiais e encadrarse nas seguintes tipoloxías:
▪ Campionato ou copa de España, de Europa ou do mundo.
▪ Competicións deportivas oficiais de ámbito estatal ou internacional de alto nivel que estean incluídas nos calendarios nacionais ou internacionais das federacións correspondentes; estas terán que ser recoñecidas polo órgano instrutor proposto para esta convocatoria unha vez analizada a competición coa federación correspondente.
Liña 2
Axudas para realizar competicións deportivas oficiais e non oficiais, de todos os ámbitos territoriais, non incluídas na liña 1 e eventos deportivos.

Gastos subvencionables
Na solicitude as entidades presentarán un orzamento estimativo de gastos subvencionables; é dicir, aqueles que de maneira indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada, resulten estritamente necesarios e se realicen no prazo recollido nestas bases. Estableceranse os seguintes gastos:

  • Gastos federativos. Os emitidos polas federacións deportivas da competición ou do evento deportivo subvencionado.
  • Gastos de viaxe. Os correspondentes a desprazamentos, aloxamento e manutención dos equipos, deportistas, xuízas, xuíces ou calquera outro axente necesario para realizar a competición ou o evento deportivo subvencionado.
  • Gastos de organización. Os relativos a calquera servizo contratado para planificar, organizar e executar a competición ou o evento deportivo subvencionado.
  • Gastos publicitarios. Os destinados a difundir ou darlle publicidade á competición ou ao evento deportivo subvencionado. Nos gastos publicitarios deberase incluír a imaxe corporativa da Deputación de Pontevedra.
  • Gastos sanitarios. Os destinados á saúde dos equipos, deportistas, xuízas, xuíces ou calquera outro axente necesario para a competición ou o evento deportivo subvencionado.
  • Gastos de material e premios. Os correspondentes ao material deportivo non inventariable e aos premios, trofeos ou agasallos para as e os participantes.

Descubre máis desde ASEC ASESORES

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Categorías: AXUDAS

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: ASESORIA DE EMPRESAS E CALIDADE SL.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a Dinahosting que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Usamos cookies propias e de terceiros para analizar os nosos servizos e amosarte publicidade relacionada coas túas preferencias en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación.   
Privacidad