No Boletín Anual do Mercado de Traballo elaborado polo SEPE pódense consultar os datos máis relevantes sobre a situación da contratación laboral en cada un dos concellos de España, tanto por actividades económicas como por ocupacións. Ademais, poderás coñecer a variación con respecto ao ano anterior.

Os apartados que se poden consultar son:

Contratos rexistrados, afiliados á Seguridade Social e paro rexistrado
Ofrece información sobre contratos rexistrados, afiliados á Seguridade Social e paro rexistrado

Perfil das persoas contratadas e desempregadas
Informes sobre o número de persoas contratadas e desempregadas, desagregadas por grupos de idade, sexo e nivel educativo.

Características laborais
Contén información sobre a temporalidade dos contratos (contrato indefinido ou temporal) e o tipo de xornada (a xornada completa, a tempo parcial ou indefinido descontinuo).

Actividades económicas máis salientables por número de afiliados 
Presenta información sobre o número de persoas afiliadas tanto ao Réxime Xeral da Seguridade Social como ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos.

Actividades económicas con máis contratos 
Con información sobre o número de contratos en cada unha delas, a variación con respecto ao ano anterior, a taxa de homes e mulleres e o índice de rotación ou mobilidade laboral.

As ocupacións máis contratadas
Con información sobre o número de contratos en cada unha delas, a variación con respecto ao ano anterior, a taxa de homes e mulleres e o índice de rotación ou mobilidade laboral.

As ocupacións máis solicitadas polos demandantes desempregados 
Os demandantes desempregados inscritos nos Servizos Públicos poden solicitar ata un máximo de seis ocupacións no momento da inscrición.

Para acceder a toda esta información segue este enlace e fai clic na provincia


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *