Axudas destinadas a facilitar a execución dun conxunto de servizos profesionais por parte de entidades colaboradoras previamente seleccionadas para ofrecer servizos avanzados de asesoramento empresarial a través da colaboración con entidades especializadas, facilitando ás empresas o acceso a ferramentas e metodoloxías innovadoras.
Para quen é?
Pemes, autónomos e outras unidades económicas que desenvolvan unha actividade empresarial.
Que gastos son subvencionables?
As axudas en especie estarán destinadas á execución de servizos en empresas galegas, agrupados nas seguintes tipoloxías:
Profesionalización e desenvolvemento estratéxico:
- Servizos de análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora.
- Servizos de desenvolvemento estratéxico integral da empresa.
- Servizos de análise do cumprimento normativo e os riscos legais (Compliance).
- Servizos de Captación, Fidelización e Xestión de Talento.
- Servizos para o desenvolvemento dunha estratexia de integración ESG.
- Servizos de mellora da xestión financeira e procura de financiamento.
- Servizos de circularización e optimización dos procesos de produción e cadea loxística.
- Servizos de asesoramento para o relanzamento comercial.
- Servizos de preparación de procesos certificables.
- Servizo de apoio para empresas emerxentes innovadoras.
Innovación:
- Servizos de deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores.
- Servizos de protección da innovación.
- Servizos de asesoramento para o financiamento da innovación.
Cal é o importe da axuda?
A subvención será do 80 % dos importes definidos para cada servizo. O importe definido para cada tipo de servizo determínase segundo o seguinte esquema, en función da duración mínima orientativa de cada servizo:
Denominación | Importe do servizo (IVE non incluído) |
Categoría 1: Análise e Avaliación competitiva | 3.780 € |
Categoría 2: Optimización e mellora competitiva | 5.355 € |
Categoría 3: Estratexias de Competitividade avanzada | 6.300 € |
Data límite de presentación
Próxima apertura, ata o 15 de Novembro 2025

Como podo solicitalo?
Se estás interesado neste Programa Re-Acciona 2025 do IGAPE, contacta connosco agora a través do seguinte formulario. Ou se o prefires, no teléfono 986 520813.
Descubre máis desde ASEC ASESORES
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 comentarios