O  programa Innova PEME contribúe á consecución do obxectivo específico de fortalecer o crecemento sostible e a competitividade das pemes e a creación de emprego nelas, tamén mediante investimentos produtivos.

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, informa da Convocatoria Pública de axudas para o desenvolvemento de Plans para a implantación de solucións innovadoras no marco do Programa Peme Innova, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ( FEDER) da Unión Europea.

Beneficiarios. 

Pemes e autónomos da demarcación territorial da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, que estean inscritos no Censo do IAE.

Obxecto. 

Concesión de axudas para o desenvolvemento de Plans de implantación de solucións innovadoras no marco do Programa Peme Innova, subvencionados nun 60% a través do Programa Plurirrexional de España FEDER 2021-2027 (POPE).

Cantidade .

O orzamento dispoñible nesta convocatoria para a Fase de implantación de solucións innovadoras é de 194.740 euros, polo que a contía total das AXUDAS ECONÓMICAS a PEMES é de 116.844 euros, co que se prevé unha participación estimada de 26 empresas.

contía máxima da axuda por empresa será de 4.494,00 €. cun orzamento máximo subvencionable de 7.490,00 € ( 7.000,00 € custo directo + 7% custos indirectos asociados ), que será prefinanciado na súa totalidade pola empresa beneficiaria e cofinanciado por FEDER nun 60%

Estas axudas enmárcanse no Programa Peme Innova, no marco do “Programa Plurirrexional Español FEDER 2021-2027 e que inclúe servizos de diagnóstico e seguimento gratuítos.

Data límite de presentación de solicitudes. 

O prazo de presentación de solicitudes ábrese ás 09.00 horas, unha vez transcorridos 5 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio e ata as 14.00 horas do 30 de xuño de 2024. aínda que o prazo poderá verse reducido se se esgota o orzamento. .

O texto íntegro desta convocatoria está a disposición das empresas na sede electrónica da Cámara de Comercio de de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa https://sede.camara.es/sede/pontevedra-vigo-vilagarcia. Ademais, pódese consultar a través da páxina web https://www.camarapvv.com/

Neste enderezo pódese descargar, xunto coa convocatoria, a documentación necesaria para realizar a solicitude.

Inicio do prazo de solicitude: ás 09.00 horas, unha vez transcorridos 5 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP

Data límite de solicitude: 30 de xuño de 2024 ás 14:00 h.

Procedemento de selección das empresas participantes: Por rigorosa orde de entrada.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *