Este programa caracterízase por ofrecer unha estancia dunha noite en fins de semana (venres ou sábado), en períodos non lectivos ou vésperas de festivos, nun hotel da provincia de Pontevedra que, como mínimo, será de tres estrelas: establecementos hoteleiros tipo balneario, talaso ou spa, e hoteis de zonas urbanas ou rurais, con réxime de media pensión. A entrada nos establecementos será pola tarde e a saída, o día seguinte ao mediodía.

Poderán ser beneficiarias todas as persoas integrantes dunha unidade familiar con menores a cargo que teñan a súa residencia na provincia de Pontevedra. Ademais do anterior, as persoas da unidade familiar que desexen participar deberán acreditar o parentesco ata o primeiro grao por consanguinidade e/ou afinidade coa persoa solicitante e estar empadroadas no mesmo domicilio. Exceptúase o requisito de empadroamento no mesmo domicilio no caso de familias que acrediten unha situación de separación ou divorcio legal. Así mesmo, terán a consideración de fillas e fillos as persoas en situación de garda con fins adoptivos e en acollemento familiar.

As persoas interesadas deberán reunir, ademais, os seguintes requisitos:

  • Non padecer ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa.
  • Non padecer alteracións de comportamento que poidan perturbar a normal convivencia nos establecementos nin enfermidades con risco de contaxio.
  • Ser unha persoa autónoma para realizar as actividades elementais da vida diaria.

No caso de persoas con discapacidade con necesidade de asistencia dunha terceira persoa, será un membro da propia unidade familiar quen prestará os coidados que precise.

O prazo de presentación de solicitudes será do 8 ao 22 de novembro de 2024.

O procedemento de concesión das prazas levarase a cabo de acordo a un sorteo puro (réxime xeral ou especial), entre aquelas solicitudes definitivamente admitidas que cumpran os requisitos establecidos e ata esgotar o crédito previsto para o programa en cada modalidade.

Ligazóns de interese

Documentos


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *