Data de publicación: 31/05/2023

Data de inicio solicitude: 01/06/2023

Data de remate solicitude: 15/09/2023

Obxecto

Esta Orde ten por finalidade establecer as bases e convocar as axudas para apoiar a transformación en cooperativas ou sociedades laborais dos negocios sen remuda xeracional, de todo tipo de sociedades e das persoas traballadoras autónomas, que xa estivesen a exercer unha actividade económica.

Características da axuda

Conceptos subvencionables

1. Asesoramento legal para a constitución da cooperativa ou da sociedade laboral, así como para a transformación nunha destas entidades de economía social. Os gastos de rexistro, notaría e os informes legalmente preceptivos para o proceso de transformación.

2. Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.

3. Obtención de certificacións de calidade.

4. Márketing, comunicación ou relanzamento comercial.

5. Plan de protección de datos.

6. Equipamento informático.

7. Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web.

8. Mellora na eficiencia enerxética.

9. Adquisición de equipamento.

10. Reforma do local de negocio.

11. Mobiliario.

12. Elementos de transporte.

Os servizos descritos nos números 1, 2, 3, 4 e 5 deberán estar implantados no período de execución.

A contía da axuda será equivalente ao 90 % do custo total dos gastos subvencionables, cos límites seguintes:

• 4.000 € para o gastos incluído no concepto 1.

• 5.000 € para cada un dos gastos incluídos nos conceptos 2, 3, 4 e 5. 

O límite máximo das axudas para os gastos subvencionables especificados establécese en 50.000 € por entidade beneficiaria.

No caso de que se solicite unha contía superior, concederase o importe da axuda de acordo coa orde de prelación dos gastos establecida.

A contía da axuda poderá incrementarse en 3.000 € por cada unha das condicións que se cumpra adicionalmente.

Persoas beneficiarias

Poderanse acoller ás subvencións, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos, as sociedades laborais ou cooperativas que xurdan da constitución por ausencia de remuda xeracional, da constitución por persoas autónomas ou da constitución por transformación.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *