Obxecto
Incentivar a demanda interna, isto é, de persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, de servizos turísticos prestados na dita comunidade autónoma en períodos de estacionalidade, buscando, con isto, prolongar a actividade e dinamizar a economía e o emprego turístico.
A quen vai dirixido?
Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
Requisitos
Requisitos dos establecementos de aloxamento turístico e das axencias de viaxes para a adhesión ao programa.
Poderán adherirse ao programa #DescubreGaliciaenOutono a través dos bonos turísticos:
– Os establecementos de aloxamento turístico da Comunidade Autónoma de Galicia: establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos, vivendas turísticas e albergues turísticos.
– As axencias de viaxes que teñan un centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e que desenvolvan as súas actividades dentro do sector turístico vinculado a Galicia e presten os servizos, actividades ou produtos vinculados a este programa na Comunidade Autónoma de Galicia.
En ambos os dous casos deberán estar dadas de alta no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT) no momento da publicación desta convocatoria e ter coñecemento do código que se lles proporcionou no momento da alta no citado rexistro.
Prazo
O prazo para adherirse ao programa será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 2 de decembro de 2024, sen prexuízo da súa posible ampliación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Data de descarga dos bonos.
Os bonos estarán dispoñibles para a súa descarga polas persoas usuarias desde as 9.00 horas do día 4 de xullo ata o 16 de decembro de 2024 e a súa validez estenderase desde o 10 de setembro ata o 25 de decembro de 2024 (ambos incluídos).
0 comentarios