Serán subvencionables os proxectos que teñan encadramento na estratexia de desenvolvemento local de cada GDR, de forma que respondan ás prioridades e aos obxectivos especificamente recollidos na estratexia.
Os proxectos poderán clasificarse en produtivos e non produtivos. Con carácter xeral terán a consideración de proxectos produtivos os que supoñan a realización dunha actividade económica con fin lucrativo tendentes á produción de bens e/ou servizos e que supoñan unha creación e/ou mantemento do nivel de emprego, é dicir, unha actividade empresarial.
Pola contra, terán a consideración de proxectos non produtivos os que teñan un interese público ou colectivo e non supoñan o inicio ou desenvolvemento dunha actividade económica con finalidade lucrativa.
Beneficiarias
Para a liña de investimentos:
1. – Produtivos:
- As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado (autónomos, SL, SA, cooperativas e outras empresas con personalidade xurídica de menos de 50 traballadores).
2.- Non produtivos:
- As entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores.
- As comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.
Non serán beneficiarios
- Agrupacións de persoas xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de personalidade xurídica propia.
- Empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais e incompatibles co mercado común.
- Empresas que operen no sector da pesca, da acuicultura e/ou da transformación e comercialización de produtos pesqueiros.
Requisitos
Os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:
- Estar localizados no ámbito territorial elixíble de aplicación da estratexia de desenvolvemento local do GDR.
- Ser viables técnica, económica e financeiramente, no caso dos proxectos de natureza produtiva; e técnica e financeiramente para os non produtivos.
- Axustarse á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.
- Non estar iniciados na data da presentación da solicitude de axuda. Para estes efectos, considérase como inicio do investimento o comezo dos traballos de construción, ou ben o primeiro compromiso en firme para o pedido dos equipos ou outro compromiso que faga o investimento irreversible e que vincule xuridicamente ao solicitante, se esta data é anterior. Sen embargo, a compra de terreos e os traballos preparatorios, como a obtención de permisos e a realización de estudos de viabilidade, non terán a consideración de inicio dos traballos.
- Que á data da xustificación final dos investimentos ou gastos subvencionados cumpran os obxectivos e funcións para os que foron aprobados os proxectos. Non poderán subvencionarse fases dun proxecto que non constitúan unha actividade finalista.
Importe máximo e intensidade das axudas
A porcentaxe das axudas será dun mínimo do 15% e un máximo do 50% do investimento subvencionable, cun importe máximo de 200.000€
Prazo de xustificación da subvención
A data final de xustificación de investimentos será o 15 de outubro de cada ano
Prazo
O prazo da convocatoria 2023 está aberto ata o 31/01/2023.
Máis información
Podes consultar a RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2022 da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2023 e 2024, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural ou a sede electrónica(código de procedemento MR701D)
Na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural https://agader.xunta.gal/
0 comentarios