Apoio á transformación en cooperativas ou sociedades laborais

Programa de apoio á recuperación de empresas en crise ou sen substitución xeracional mediante fórmulas de economía social.

A quen está destinado?

Sociedades laborais ou cooperativas que se deriven dalgún destes procesos: Constitución por ausencia de relevo xeracional, constitución por persoas autónomas ou constitución por transformación.

a) Constitución por ausencia de substitución xeracional:
Constitución dunha sociedade laboral ou dunha cooperativa, debidamente inscritas no rexistro correspondente na data da solicitude, integradas total ou parcialmente polas persoas traballadoras cuxos contratos resultan extinguidos por causa de crise ou xubilación da súa persoa empregadora (entendéndose como tal as sociedades de capital, sociedades civís, persoas autónomas e asociacións que estiveran desenvolvendo unha actividade económica).

b) Constitución por persoas autónomas:
Constitución dunha sociedade laboral ou dunha cooperativa, debidamente inscritas no rexistro correspondente na data da solicitude, que estean integradas na súa totalidade por persoas traballadoras autónomas que xa estivesen a realizar unha actividade laboral e, por tanto, estean en situación de alto no correspondente réxime de persoas traballadoras autónomas da Seguridade Social ou na mutualidade do colexio profesional.

c) Constitución por Transformación:

c.1) Transformación de todo tipo de sociedades en cooperativas ou sociedades laborais debidamente inscritas no rexistro correspondente na data da solicitude.

c.2) Procesos de adquisición da totalidade do capital integrante dunha sociedade mediante compravenda das súas participacións ou accións por parte, fundamentalmente, das súas persoas traballadoras, coa finalidade de levar a termo a continuación total ou parcial do seu obxecto social e de transformación nunha sociedade laboral ou nunha cooperativa

Que gastos son subvencionables?

  • Asesoramento xurídico para a construción da entidade.
  • Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.
  • Obtención de certificacións de calidade.
  • Marketing, comunicación ou relanzamento comercial.
  • Plan de protección de datos.
  • Equipos informáticos.
  • Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web.
  • Mellora da eficiencia enerxética.
  • Adquisición de equipamentos.
  • Reforma do local comercial.
  • Mobles
  • Elementos de Transporte

Cal é o importe da axuda?

A axuda total para cada entidade beneficiaria non poderá superar os 74.000 €, cubrindo ata o 80 % dos gastos.

Data límite de presentación

Aberto nos vindeiros días, o prazo remata o 16 de setembro de 2024.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *