Subvencións do Programa Bono Enerxía Peme para proxectos de mellora enerxética dirixido a pemes e autónomos con actividade económica no sector servizos

Proxectos subvencionables

Son proxectos subvencionables as inversións en equipamentos consumidores de enerxía ou elementos que contribúan a unha xestión enerxética eficiente incluídos nas seguintes tipoloxías de actuación:

a) Bono asesoramento enerxético: Diagnose enerxéticas que inclúan inventario dos principais equipos consumidores do centro de traballo, análise de consumo, propostas de optimización do consumo enerxético e de mellora da contratación e facturación da enerxía, Auditorías enerxéticas, que ademais do contido das diagnose deben completar a parte de análise de consumos con medicións

b) Bono envolvente: elementos de control solar (toldos ou láminas de control solar e/ou térmico. So serán subvencionables toldos de cor branca e/ou negro e variantes destas cores). En ningún caso serán subvencionables os elementos que incorporen publicidade.

c) Bono iluminación: renovación de equipamentos de iluminación interior e/ou exterior, incluídos rótulos e escaparates, por outros que utilicen tecnoloxía LED e os elementos de control asociados.

d) Bono instalacións eléctricas: mellora da eficiencia enerxética en instalacións eléctricas garantindo unha subministración con calidade e fiabilidade (renovación de transformadores, incorporación ou renovación de sistemas de alimentación ininterrompida, compensación de enerxía reactiva, instalación de filtros economizadores ou similares).

e) Bono equipamento: renovación do equipamento consumidor de enerxía como cafeteiras, lavalouzas, lavadoras, secadoras, pasadoras de ferro, vending, mobles frigoríficos, autoservicio e calquera equipamento de consumo enerxético propio do establecemento sempre que se poda acreditar unha cualificación enerxética B ou superior.

f) Bono climatización: equipamentos que permitan reducir o consumo de enerxía das instalacións de climatización, ventilación e auga quente sanitaria.

g) Bono inmótica: sistemas domóticos e/ou inmóticos que permitan xestionar a enerxía e o
gasto enerxético de forma máis eficiente.

Condicións dos proxectos

Serán subvencionables os gastos e investimentos realizados entre o 1 de xaneiro e o 1 de outubro de 2025, dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

O investimento mínimo para que as actuacións sexan subvencionables debe ser de 1.000 euros por solicitude, sen incluír o IVE. No caso de que a solicitude contemple exclusivamente o bono de asesoramento enerxético o investimento mínimo da solicitude establécese en 200 euros por solicitude, sen incluír o IVE.

Cada solicitante poderá presentar unha única solicitude por cada centro de traballo. Cada solicitude poderá contemplar unha ou varias actuacións de distinta tipoloxía

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou centro de traballo en Galicia e cuxa actividade estea incluída entre as seguintes seccións do CNAE 2009:

SECTOR SERVIZOS- SECCIÓN CNAE 2009 DIVISIÓN
SECCIÓN G: Comercio por xunto e polo miúdo; reparación de vehículos de motor e motocicletas 45 a 47
SECCIÓN H: Transporte e almacenamento 49 a 53
SECCIÓN I: Hostalería 55 a 56
SECCIÓN J: Información e comunicacións 58 a 63
SECCIÓN K: Actividades financeiras e de seguros 64 a 66
SECCIÓN L: Actividades inmobiliarias 68
SECCIÓN M: Actividades profesionais, científicas e técnicas 69 a 75
SECCIÓN N: Actividades administrativas e servizos auxiliares 77 a 82
SECCIÓN P: Educación 85
SECCIÓN Q: Actividades sanitarias e de servizos sociais 86 a 88
SECCIÓN R: Actividades artísticas, recreativas e de entretemento 90 a 93
SECCIÓN S: Outros servizos 94 a 96

Contía da axuda

A contía da subvención será do 80 % do custe elixible da actuación.

Con carácter xeral, establécese unha axuda máxima de 6.000 euros por solicitude. A axuda asociada ao bono de asesoramento enerxético non computará aos efectos deste límite


Descubre máis desde ASEC ASESORES

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *