Axuda do INEGA
No marco do Plan de Transición á mobilidade eficiente naceron estas axudas, que buscan abordar a senda crecente das emisións de gases de efecto invernadoiro provocadas polo consumo de combustibles fósiles nos vehículos antigos.
A quen está destinado?
Persoas físicas, autónomos e empresas.
Cales son os gastos subvencionables?
Será subvencionable a adquisición de vehículos novos que cumpran os seguintes requisitos e teñan un custo inferior ou igual a 42.000 € (Impostos incluídos), este límite de custo se amplía a 47.000 € (impostos incluídos) para vehículos eléctricos con autonomía maior a 30 km en modo eléctrico, e en 6.000 € adicionais cando se trate dun vehículo adaptado para a condución de persoas con discapacidade ou se dispón de 8 ou 9 prazas:
a) Vehículos M1 (Turismos) cun valor de emisións iguais ou inferiores a 120 g CO2/km.
b) N1 (furgonetas) cun valor de emisións inferiores ou iguais a 120 g CO2/km no caso de vehículos con MTMA < 2.500 kg ou cunhas emisións inferiores ou iguais a 185 g CO2/km no caso de vehículos con MTMA ≥ 2.500 kg.
Unha persoa só pode comprar un só vehículo M1 ou N1 . Un autónomo ou empresa só poderá adquirir un máximo de dez vehículos.
Cal é o importe da subvención?
A intensidade da axuda será de ata un máximo de 4.600 € en función do tipo de beneficiario.
Data límite de presentación
Aberto ata o 30 de setembro de 2025.
Como podo solicitalo?
Se estás interesado nestas subvencións para a adquisición de vehículos do INEGA, contacta connosco xa a través de in**@as**********.com, ou se o prefires no teléfono 986 520813.
Máis información
Ademais, se buscas outro tipo de subvencións, subscríbete ao boletín de Asec Asesores e recibirás periodicamente un boletín coas últimas axudas publicadas.
Non o penses dúas veces, temos todo un equipo de profesionais ao teu servizo.
Confía en quen se encarga do teu negocio, confía en Asec Asesores
Descubre máis desde ASEC ASESORES
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 comentarios