Pretende facilitar todos os procesos relacionados coa comercialización de bens e servizos no mercado exterior.

Lanza a túa peme ao mercado internacional

Plan FOEXGA posto en marcha polo IGAPE busca fomentar e dinamizar o comercio exterior galego e a interiorización das pemes galegas a través de dúas liñas de axuda:

  • Misións empresariais directas no estranxeiro en formato presencial e virtual (incluídas reunións empresariais ou visitas a feiras que teñan lugar en calquera país estranxeiro).
  • Participación en feiras ou outros eventos expositivos, tanto en formato presencial como virtual, celebrados no estranxeiro, así como outros eventos de promoción como congresos, xornadas ou simposios.

A quen está destinado?

Pemes con centro de traballo en Galicia , incluídas aquelas que teñan un obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos.

Que gastos son subvencionables?

  • Taxas de inscrición para eventos promocionais.
  • Asistencia externa en destino para a elaboración de axendas e para a organización da acción.
  • Aluguer de espazo, stand e/ou salas para a realización da acción.
  • Gastos de envío de mostras sen valor comercial e catálogos.
  • Viaxes e aloxamento.
  • Custos indirectos.

Cal é o importe da axuda?

O importe da axuda será do 70 % do importe dos gastos subvencionables, sendo o límite máximo de gastos subvencionables para todos os conceptos 32.000 € .

Data límite de presentación

Próxima apertura , do 21 de marzo ao 31 de outubro de 2024.

Como podo solicitalo?

Se estás interesado nas subvencións do Plan FOEXGA internacionaliza a túa peme do IGAPE (IG422A-IG422B), contacta connosco agora 

Categorías: AXUDASIGAPE

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *