O REGULAMENTO DO SERVIZO PUBLICO DE TRANSPORTE DE VIAXEIROS EN AUTOMÓBILES LIXEIROS DE ALUGUER CON CONDUTOR (AUTO-TAXI) DO CONCELLO DE SANXENXO no artigo 31.4, establece que é necesaria a celebración dunha proba de aptitude para a obtención do permiso municipal de condutor/a, que habilite a conducir vehículos auto-taxis cuxa licenza fora outorgada por este concello.
Convocase a celebración dunha nova proba de aptitude para a obtención do permiso que faculta para a realización da actividade de condutor/a de taxi. O lugar e hora da súa celebración faranse públicos, unha vez transcorrido o prazo de presentación de solicitudes, polos medios descritos no apartado terceiro.
As solicitudes de participación na proba axustaranse ao modelo que figura no Anexo I desta resolución. As solicitudes poderán presentarse no Rexistro de entrada do Concello de Sanxenxo, ou ben, segundo o disposto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 01 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de dez días hábiles contados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. A partir deste anuncio os demais que se realicen neste expediente faranse a través de publicación no taboleiro de edictos do concello e no portal web do concello (https://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal).
As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación:
a) Fotocopia do DNI ou documento que o substitúa.
b) Fotocopia do permiso de condución de automóbiles da categoría B ou superior, expedido pola Xefatura Provincial de Tráfico, facendo constar para os aspirantes que tivesen o antigo permiso de condución de categoría BTP, que este será considerado válido mentres manteña a súa vixencia.
c) Certificado médico oficial acreditativo de non padecer enfermidade infecto contaxiosa ou impedimento físico que imposibilite ou dificulte o normal exercicio da profesión.
d) Declaración xurada de non estar incurso nalgunha das causas de incapacidade indicadas neste regulamento.
e) Dúas fotografías tamaño carné.
f) No seu caso, documento acreditativo de estar de alta no réxime correspondente da Seguridade Social.
A lista provisional de admitidos será publicada no Taboleiro de Edictos do concello e na sede electrónica municipal xunto coa lista de excluídos e os motivos de exclusión. A citada lista quedará elevada a definitiva tras un prazo de corrección de 5 días que se abrirá tras a publicación da lista provisional.
As materias que deberán coñecer os aspirantes son os seguintes:
Acreditarase o coñecemento das vías públicas, lugares de interese turístico, locais de esparexemento público, oficinas e demais centros e edificios públicos, monumentos, principais hoteis e itinerarios mais directos para chegar aos puntos de destino.
A proba terá carácter oral. Unha vez realizada a proba e puntuada polos tribunal designado, se dará publicidade inmediata dos resultados que serán apto/a ou non apto/a.
0 comentarios