Orde TED/1317/2023, do 29 de novembro, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións da Fundación Biodiversidade, FSP, en réxime de concorrencia competitiva, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo Plus para favorecer a transición ecolóxica mediante accións formativas dirixidas a: a persoas desempregadas, traballadores e emprendedores.

Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, do Programa Empleaverde+. 
Este programa está xestionado pola Fundación FSP Biodiversidade, no marco do seu labor como Organismo Intermedio, do Fondo Social Europeo Plus, tal e como se inclúe no Programa FSE+ de Emprego, Educación, Formación e Economía Social, (Programa EFESO).

Finalidade

Estas subvencións teñen por obxecto apoiar proxectos que favorezan a transición ecolóxica da economía mediante accións formativas, dirixidas a persoas desempregadas, traballadores e emprendedores.

 Os proxectos darán resposta aos retos actuais vinculados á transición ecolóxica, contribuíndo a afrontar as transformacións sistémicas dos sectores económicos mediante a adquisición das competencias necesarias para dar resposta ás novas oportunidades de emprego no marco dunha economía verde.

 Á súa vez, as accións contribuirán a reducir as brechas de xénero, a igualdade de oportunidades e de trato entre mulleres e homes, e a abordar o reto demográfico.

Entidades beneficiarias

Poderán obter a condición de entidade beneficiaria:
a) As persoas físicas.
b) As persoas xurídicas públicas.
c) Persoas xurídicas privadas, con ou sen ánimo de lucro.
d) Os incluídos na alínea c), en agrupacións, que aínda que carecen de personalidade xurídica poidan realizar os proxectos obxecto de subvención.

Actividade subvencionada

Neste punto, cómpre sinalar que:

  1. As subvencións concederanse para a execución de actividades que fomenten a mellora das competencias para o emprego e o emprendemento, dando resposta aos retos vinculados á transición ecolóxica e contribuíndo á sustentabilidade das actividades económicas en todos os sectores, no marco da economía verde e a través do Programa Empleaverde+.
  2. As convocatorias poderán estar dirixidas a diferentes temáticas, tipos de accións e enfocadas a determinados perfís de participantes, en función das accións, sempre dentro do establecido nestas bases e do que determine o Programa EFESO.
  3. Os proxectos non deben supoñer un beneficio comercial directo para as entidades beneficiarias.

Tramitación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes establecerase nas convocatorias e será, como mínimo, de vinte días hábiles contados desde a publicación do extracto da convocatoria no «Boletín Oficial del Estado».


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *