Con efectos dende o 1 de xaneiro de 2023, a disposición adicional décimo sexta do Real Decreto-lei 1/2023, de 10 de xaneiro, de medidas urxentes en materia de incentivos á contratación laboral e mellora da protección social das persoas artistas, establece que o tipo da recarga de equivalencia aplicable no Imposto sobre o Valor Engadido ás operacións a que se refiren o apartado 2 do artigo 1 e o parágrafo cuarto do apartado 1 do artigo 72 do Real Decreto-lei 20/2022, do 27 de decembro, de medidas de resposta ás consecuencias económicas e sociais da Guerra de Ucraína e de apoio á reconstrución da illa de La Palma e a outras situacións de vulnerabilidade, será do 0,62 por cento, resultando de aplicación durante a vixencia dos devanditos preceptos.
Este novo tipo de recarga de equivalencia, xunto coa recarga de equivalencia do 0 por cento, implementaranse tecnicamente do seguinte modo:
- Modelo 303. Co obxecto de habilitar a declaración das operacións gravadas cos novos tipos de recarga de equivalencia, para as autoliquidacións correspondentes a 2023 modifícanse as especificacións técnicas do modelo 303 de maneira que:
- Incluiranse nas casas 16 e 18 do modelo 303 as bases impoñibles e cotas correspondentes ás operacións gravadas co tipo de recarga de equivalencia do 0,62%.
- Incluiranse nas casas 16 e 18 do modelo 303 as bases impoñibles e cotas correspondentes ás operacións gravadas co tipo de recarga de equivalencia do 0 %.
- No caso de que nunha mesma autoliquidación deban incluírse simultáneamente operacións aos tipos de recarga de equivalencia do 0%, 0,5% e 0,62 %, incluiranse na casa 16 do modelo 303 a suma das BI correspondente a todos os tipos, na casa 18 do modelo 303 a suma das cotas correspondentes a todos os tipos e na casa 17 do modelo 303 indicarase o tipo ao que corresponda unha maior cota.
- Modelo 322.Co obxecto de habilitar a declaración das operacións gravadas cos novos tipos de recarga de equivalencia, para as autoliquidacións correspondentes a 2023 modifícanse as especificacións técnicas dos modelos 322 de maneira que:
- Nas casas reservadas a “Recarga de equivalencia” faranse constar as bases impoñibles gravados, se é o caso, aos tipos do 0%, 0,5%, 0,62%, 1,4%, 5,2% e 1,75%, o tipo aplicable e as cotas resultantes.
- En caso de ser imprescindible o uso de casas para declarar simultáneamente por máis de catro tipos de recarga, as operacións aos tipos do 0%, 0,5% e do 0,62% consignaranse nunha única casa de Base impoñible e de Cota, respectivamente, e na casa destinada ao Tipo farase constar aquel ao que corresponda a maior cota.
- Subministración inmediata de información.Co obxecto de permitir informar as facturas que documenten operacións gravadas cos novos tipos de recarga de equivalencia modificaranse as validacións dos libros rexistro de facturas emitidas e recibidas levados a través da Sede electrónica (SII), admitindo os tipos de recarga do 0% e 0,62% se a Data de operación ≥ 1 de xaneiro de 2023 (cos límites temporais previstos para cada unha dos tipos de recarga).Nos próximos días publicarase no apartado “Información Técnica” do portal “SII – Subministración Inmediata de Información do IVA”, unha nova versión do documento de validacións “Documento de validacións e erros”.Estas validacións estarán implementadas o día 16 de xaneiro.No caso de que se emitise unha factura con recarga do 0,625%, independentemente da factura rectificadora que proceda (emitida por substitución ou por diferenzas), poderase remitir un único rexistro de facturación co tipo de recarga do 0,62%.
0 comentarios