O 1 de xaneiro de 2023 entre en vigor o Real Decreto-lei 13/2022, do 26 de xullo, polo que se establece un novo sistema de cotización para as persoas traballadoras por conta propia ou autónomos, baseado nos rendementos económicos netos.

Na familia da economía social, algunhas fórmulas xurídicas vense afectadas por este decreto, en concreto, as persoas socias traballadoras das cooperativas de traballo asociado que optaron por cotizar neste réxime da Seguridade Social e as persoas socias traballadoras das sociedades laborais que se estean encadradas neste réxime.

Como se avanzaba, a cotización establécese en función dos rendementos económicos correspondentes ás actividades que desenvolvan as persoas socias de cooperativas e sociedades laborais que se atopen inscritas neste réxime. Tal e como se detalla na disposición transitoria única do RD-lei 13/2022, do 26 de xullo, débese comunicar, nun prazo non superior ao 31 de outubro de 2023, os datos requiridos no artigo 30.2 b) do Regulamento Xeral sobre inscrición de empresas e afiliación, altas, baixas e variacións de datos de traballadores na Seguridade Social.

Para as novas altas, no mesmo momento no que se solicite a alta neste réxime, débese presentar unha declaración da media mensual dos rendementos netos anuais que a persoa traballadora autónoma teña previsto obter durante o ano natural no que se produza a alta da súa actividade económica ou profesional. Os tramos de rendementos netos poden consultarse na disposición transitoria primeira do RD-lei 13/2022, do 26 de xullo.

Así mesmo, outro dos aspectos relevantes que cómpre ter en conta é que a base de cotización declarada poderá modificarse ata en seis ocasións, o que permitirá axustala ao tramo que lle corresponda a cada persoa. Será preciso solicitarlle o cambio á Tesoureira Xeral da Seguridade Social e terá os seus efectos nos tramos temporais fixados no decreto, no artigo 45. Ao final do exercicio e a través da declaración da renda, regularizaranse as cotizacións, e devolveranse ou reclamaranse as cotas en función do tramo de rendementos económicos netos.

Por último, en canto ás novas altas, é importante mencionar que a nova tarifa plana para persoas autónomas se incrementa ata os 80,00 € durante o primeiro ano e poderá ampliarse outros 12 meses, se os rendementos se atopan por debaixo do salario mínimo interprofesional.

As condicións para acceder á nova tarifa plana seguirán sendo as mesmas que existían ata agora, é dicir, que se trate da primeira alta no réxime do RETA ou non estar de alta en autónomos nos dous anos anteriores.

Todas as persoas que traballen por conta propia cotizarán á Seguridade Social en función dos seus rendementos netos anuais, obtidos no exercicio de todas as súas actividades económicas, empresariais ou profesionais. Non cotizarán por rendementos as persoas que formen parte dunha institución relixiosa pertencente á Igrexa Católica.

Para os efectos de determinar a base de cotización, teranse en conta a totalidade dos rendementos netos obtidos no ano natural, no exercicio das súas distintas actividades profesionais ou económicas, con independencia de que as realicen de forma individual ou como socios ou integrantes de calquera entidade, con ou sen personalidade xurídica, sempre e cando non deban figurar por elas en alta como traballadores por conta allea ou asimilados a estes. O rendemento neto computable de cada unha das actividades exercidas calcularase de acordo co previsto ás normas do IRPF e con algunhas particularidades en función do colectivo ao que pertenzan. Para máis información, consulta Como calculo os meus rendementos?

Do importe resultante deducirase un 7 por cento en concepto de gastos xerais, agás nos casos en que o traballador autónomo reúna as seguintes características, onde a porcentaxe será do 3 por cento:

  • Administrador de sociedades mercantís capitalistas cuxa participación sexa maior ou igual ao 25 por cento.
  • Socio nunha sociedade mercantil capitalista cunha participación maior ou igual ao 33 por cento.

Para a aplicación da porcentaxe indicada do 3 por cento, abondará con ter figurado noventa días en alta neste réxime especial, durante o período a regularizar, en calquera dos supostos citados anteriormente.

Partindo da media mensual destes rendementos netos anuais, seleccionarase a base de cotización que determinará a cota a pagar.

En Importass encóntrase dispoñible un simulador para realizar o cálculo da cota en función dos rendementos previstos.

Podes consultar este Real Decreto-lei no BOE


Descubre máis desde ASEC ASESORES

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *