Iniciase o trámite de información pública da lista cobratoria do Imposto sobre Bens Inmobles de natureza urbana do IBI correspondentes ás liquidacións tributarias derivadas dos procedementos de valoración colectiva (expedientes 336280.36/24 e 351411.36/23) implementados pola Xerencia Territorial do Catastro de Pontevedra no CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA. As devanditas liquidacións foron aprobadas por Resolución de Tesourería de data 11/09/2024.
De acordo co establecido no artigo 77.4 do RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, do texto refundido da lei de facendas locais (TRLFL):”Non será necesaria a notificación individual das liquidacións tributarias nos supostos en que, de conformidade cos artigos 65 e seguintes desta lei, practicáronse previamente as notificacións do valor catastral e base liquidable previstas nos procedementos de valoración colectiva.”
Esta exposición ao público ten carácter de notificación colectiva ó abeiro do artigo 102.3 da Lei 58/2003 xeral tributaria, remitíndose ao Concello a efectos da súa inserción no taboleiro de edictos.
De acordo co establecido no artigo 14.2 do RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, do texto refundido da lei de facendas locais e demais disposicións vixentes na materia, contra a/s citada/s Resolución/s e as liquidacións incluídas nela poderase interpor recurso de reposición ante a Tesourería da Deputación provincial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao de finalización da exposición pública, previo ao contencioso-administrativo.
A citada lista cobratoria contén datos de carácter persoal amparados pola lei de protección de datos, polo que cada persoa interesada poderá consultar exclusivamente e na súa integridade os rexistros relativos á súa débeda tributaria no CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA, e nas oficinas do ORAL durante o período de exposición ao público, que comprenderá dende o 02 de outubro ata o 04 de novembro de 2024, ambas datas incluídas.
COBRANZA LIQUIDACIÓNS IBI
De conformidade co previsto nos artigos 18, 24 e 25 da Ordenanza Fiscal Xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais–ORAL, en relación co artigo 62.3 da Lei 58/2003, xeral tributaria e cos artigos 23, 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación, de 29 de xullo de 2005, comunícaselle ás persoas interesadas que o período voluntario de cobranza do Imposto sobre Bens Inmobles de natureza urbana do (IBI) das liquidacións tributarias derivadas dos procedementos de valoración colectiva implementados pola Xerencia Territorial do Catastro de Pontevedra no CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA, iníciase o día 02 de outubro e finaliza o 04 de decembro de 2024, ámbalas dúas datas incluídas.
NORMAS DA COBRANZA
Formas e lugares de ingreso:
• A través da Oficina Virtual Tributaria (OVT) da Deputación de Pontevedra–ORAL, https://ovt.depo.gal
• A través da aplicación de pagamentos da Deputación de Pontevedra (dispoñible para IOS e Android)
• Na caixa de calquera das entidades colaboradoras (ABANCA, BBVA, CaixaBank, Ibercaja Banco, Sabadell e Unicaja Banco), e tamén nos caixeiros automáticos ou por internet (se a entidade colaboradora elixida dispón deses servizos)
Advertencia legal: o vencemento do prazo de ingreso en período voluntario sen que se satisfaga a débeda determinará o inicio do período executivo e as débedas serán esixidas a través do procedemento de prema, devengándose as correspondentes recargas do período executivo, xuros de mora e, no seu caso, as custas que se produzan.
Oficinas de atención tributaria presenciais, a atención ao público nas oficinas do ORAL farase, no seu caso, a través do sistema de cita previa, que se solicita a través das seguintes canles:
• Web do ORAL: https://www.depo.gal
• OVT: https://ovt.depo.gal
• Sede electrónica: https://sede.depo.gal/citaprevia/
• Teléfono de atención tributaria e cita previa: 886 211 400 e 886 211 420
RELACIÓN DE OFICINAS DE ATENCIÓN TRIBUTARIA ORAL-DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
OFICINA PRINCIPAL | CENTROS DEPENDENTES | ENDEREZO | DÍAS E HORARIO DE APERTURA |
O. P. COMARCAS DO DEZA | O. P. Lalín | Praza de Galicia, 1, baixo(Castro Tecnolóxico) 36500 Lalín | De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas |
O. P. COMARCA DE TABEIRÓS – TERRA DE MONTES | O. P. A Estrada | Avda. Benito Vigo, 47, baixo 36680 A Estrada | De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas |
O. P. COMARCA DE CALDAS E SALNÉS | O. P. Caldas de Reis | Rúa José Salgado, 19, baixo 36650 Caldas de Reis | De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas |
O. P. Vilanova de Arousa | Rúa Cruceiro, 1 (esquina coa rúa Aromas de Leyenda) 36620 Vilanova de Arousa | De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas | |
O. P. Cambados | Rúa Ourense, 836630 Cambados | De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas | |
O. P. Sanxenxo | Rúa Viña da Fonte, 236960 Sanxenxo | De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas | |
O. P. COMARCAS DO MORRAZO E VAL MIÑOR | O. P. Cangas | Praza das Pontes, s/n, edificio do Concello–36940 Cangas | De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas |
O. P. Moaña | Rúa As Barxas, 15, baixo 36950 Moaña | De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas | |
O. P. Nigrán | Rúa Damas Apostólicas, 15, oficina 108–36370 A Ramallosa, Nigrán | De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas | |
Ofic. aux. Bueu | Rúa Eduardo Vicenti, 836930 Bueu | Luns de 9:00 a 13:30 horas | |
O. P. COMARCA DO BAIXO MIÑO | O. P. Tui | Rúa do Rosal, 136700 Tui | De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas |
Ofic. aux.Tomiño | Praza do Seixo, s/n, edificio do Concello–36740 Tomiño | Todos os mércores de 9:00 a 13: 30 horas | |
Ofic. aux. O Rosal | Praza do Calvario, 1, edificio do Concello–36770 O Rosal | Martes e xoves de 9:00 a 13:30 horas | |
O. P. COMARCA DA ÁREA DE VIGO | O. P. O Porriño | Rúa O Pinar, 5, baixo36400 O Porriño | De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas |
O. P. COMARCA DO CONDADO E DA PARADANTA | Ofic. aux. Crecente | Rúa Solís Ruiz, 836420 Crecente | Venres de 9:00 a 13:30 horas |
O. P. Ponteareas | Rúa Concha Brey, 4, baixo36860 Ponteareas | De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas | |
Ofic. aux. Arbo | Rúa Luís Cubelas, 2 Sm 36430 Arbo | Mércores de 9:00 a 13:30 horas | |
Ofic. aux. A Cañiza | Rúa Progreso, edif. xulgados 36880 A Cañiza | Martes e xoves 9:00 a 13:30 horas | |
Ofic. aux. As Neves | Praza da Cristiandade, s/n 36440 As Neves | Venres de 9:00 a 13:30 horas | |
Ofic. aux. Covelo | Praza Mestre Cerviño, 2 36872 Covelo | Luns de 9:00 a 13:30 horas | |
COMARCA DE PONTEVEDRA | Servizos centrais | Rúa Manuel del Palacio, 16 36071 Pontevedra | De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas |
Ofic. aux. Ponte Caldelas | Avda. de Galicia, 17, edificio do Concello–Ponte Caldelas | Venres de 9:00 a 13:30 horas | |
DATOS DE CONTACTO | Teléfonos Información tributaria e cita previa: 886 211 400 e 886 211 420 | ||
Enderezo electrónico: in**************@de**.es |
0 comentarios