O 22 de maio de 2024 aprobouse a convocatoria de concurso para arrendamento de ben inmoble conforme ós seguintes datos:

1.- Obxecto do concurso: Arrendamento do seguinte ben inmoble para a instalación de quiosco de tempada desmontable:

918.png

O citado ben figura inscrito no Rexistro da Propiedade de Vilagarcía de Arousa, no Tomo 1063, Libro 18, Folla 36, Finca 1711, Inscrición 1ª, de data 18 de abril de 2006.

IMPORTE DO CONTRATO

Establécese como canon anual mínimo (= prezo base de licitación) a abonar ó Concello de A Illa de Arousa, que poderá ser mellorado á alza polos licitadores, de 8.000,00 euros.
O canon correspondente á anualidade de 2024 deberá ser abonado nos sete (7) días hábiles seguintes ó da notificación do requirimento de documentación necesaria para a adxudicación d o contrato e previamente á instalación do quiosco.
O canon correspondente as anualidades 2025, 2026 e 2027 deberá abonarse nos dez (10) primeiros días do mes de marzo de cada ano.

PRAZO DE DURACIÓN

O prazo de autorización será de catro anos, que abarca as datas comprendidas entre o 1 de maio e o 31 de outubro dos anos 2024, 2025, 2026 e 2027. Tamén comprenderá os períodos de Semana Santa, de 11 días (dende o venres anterior ata o luns posterior).
Fóra das devanditas datas, a instalación terá que quedar levantada e o seu uso cesado, quedando o terreo en perfecto estado e completamente desocupado.
A colocación da instalación terá que ser comunicada cunha antelación mínima de CINCO DÍAS, a fin de que os servicios técnicos municipais poidan supervisar que as citadas operacións lévanse a cabo sen causar danos e que a instalación sitúase no lugar asignado.
A instalación deberá retirarse nun prazo de CINCO DÍAS dende o remate da tempada, ca obriga de restaurar a realidade física alterada no mesmo prazo de tempo. Non será necesaria a retirada da instalación naqueles casos nos que se desenvolva a actividade durante o período de Semana Santa, se ben deberá permanecer pechada desde o martes posterior a esta e ata o 01 de maio de cada ano.

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN

O contrato adxudicarase á mellor oferta presentada que se obterá como a suma das puntuacións conseguidas por cada licitador na totalidade dos criterios establecidos no prego como determinantes do seu nivel calidade-prezo.
A puntuación máxima será de 100 puntos, ca seguinte distribución:

Mellor oferta económica: ata 75,00 puntos.

O importe do contrato ou canon establecido na cláusula oitava do presente prego poderá mellorarse á alza.

Outorgarase a puntuación máxima á mellor oferta realizada. A puntuación do resto de ofertas obterase proporcionalmente respecto da mellor oferta.

Experiencia na prestación de servizos similares: ata 15,00 puntos.

Experiencia como traballador/a por conta allea: 1,00 puntos por ano

Experiencia xestionando un negocio propio: 2,00 puntos por ano
A experiencia como traballador por conta allea acreditarase mediante certificado de servizos do órgano competente no caso de Administracións Públicas, e certificado de empresa ou contrato de traballo e vida laboral no caso de empresas privadas.
A experiencia xestionando un negocio propio acreditarase mediante a presentación da alta en Facenda e no IAE.

Compromiso de contratación de persoas desempregadas: ata 10,00 puntos.
Para valorar este criterio outorgaranse 2,50 puntos por contratación mínima de tres meses de cada desempregado.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *