No BOE do 30 de novembro publícanse tres Ordes Ministeriais que aproban ou modifican varios modelos de declaracións informativas.
En primeiro lugar, a Orde HFP/1284/2023, aproba o modelo 430 de “Imposto sobre as primas de seguros. Autoliquidación” e determínase a forma e procedemento para a súa presentación. Así mesmo, modifícanse as ordes ministeriais que aproban os deseños de rexistro dos modelos 165, 180, 184, 188, 189, 193, 194, 196, 198, 296 e, por último, actualízase o contido dos anexos I e II da orde ministerial que aproba o modelo 289.
En segundo lugar, a Orde HFP/1285/2023, aproba o modelo 281, “Declaración informativa trimestral de operacións de comercio de bens corporais realizadas na Zona Especial Canaria sen que as mercadorías transiten por territorio canario” e establécense as condicións e o procedemento para a súa presentación, e doutra banda regúlanse os requisitos do “Libro rexistro de operacións de comercio de bens corporais realizadas na Zona Especial Canaria sen que as mercadorías transiten por territorio canario”.
Por último, a Orde HFP/1286/2023, modifica determinados aspectos do modelo 190 “Declaración do resumo anual de retencións e ingresos a conta do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas sobre rendementos do traballo e de actividades económicas, premios e determinadas ganancias patrimoniais e imputacións de renda” e do modelo 270 «Resumo anual de retencións e ingresos a conta. Gravame especial sobre os premios de determinadas lotarías e apostas»
0 comentarios