Axudas da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás microempresas, pequenas e medianas empresas galegas (pemes) destinadas ao financiamento de bonos de innovación, código de procedemento IN848F. Nesas axudas diferéncianse tres tipos de bonos de que se agrupan nas seguintes liñas:
Liña 1. Bonos para servizos de apoio á innovación, para o financiamento das actividades destinadas á protección da innovación, xestión da innovación e vixilancia tecnolóxica, así como accións estratéxicas para desenvolver novos produtos, procesos e servizos.
Liña 2. Bonos para xestión do financiamento da innovación, para a subvención dos custos de actividades de xestión, contratadas cos axentes da innovación, encamiñadas á:
Tipo A. Tramitación de incentivos fiscais á I+D+i e bonificacións na Seguridade Social de persoal investigador.
Tipo B. Tramitación de novas solicitudes de financiamento a propostas de I+D+i en convocatorias de axudas estatais.
Contía, intensidade das axudas e concorrencia
As axudas se concederán en forma de subvención non reembolsable, determinarase sobre o investimento total elixible e será conforme os límites de intensidade previstos no artigo 28 do Regulamento (UE) núm. 651/2014.
A contía máxima da axuda que pode ser concedida a cada persoa beneficiaria será con carácter xeral, do 70%, tendo en conta as seguintes condicións:
a) Na liña 1:
i. O investimento subvencionable será como mínimo de 15.000€ e dun máximo de 50.000€.
ii. Os custos de protección de coñecemento terán en todo caso unha subvención máxima do 50%.
b) Na liña 2, a subvención para cada bono será dun máximo de 5.000€.
Actividades que se subvencionan
Serán subvencionables os custos de contratación de servizos externos efectuados desde a data de presentación da solicitude e ata 15 de outubro de 2024.
De acordo co artigo 6 do Regulamento (UE) núm. 651/2014, considerarase que as axudas teñen un efecto incentivador. O comezo da actuación terá como data mínima de inicio a data de solicitude, polo que calquera actividade ou investimento terá que ser executada con posterioridade á solicitude.
As actuacións deberán enmarcarse nalgún dos ámbitos de prioridade da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027 recollidos no Anexo VIII desta convocatoria.
Para a liña 1, bonos para servizos de apoio á innovación, as actividades que se subvencionan serán as que reúnan, necesariamente, as seguintes características:
a) Constituirán unha ou máis actividades que estarán incluídas nunha memoria descritiva (anexo III) que se presentará xunto coa solicitude, que respondan a necesidades xustificadas e cun impacto contrastable na empresa, e que permitan consolidar e/ou incrementar as capacidades tecnolóxicas e de impulso da I+D+i da empresa.
b) O orzamento subvencionable será dun mínimo de 15.000,00 € e dun máximo de 50.000,00 €.
Liña 2, bonos para a xestión do financiamento da innovación. Establécense dúas tipoloxías diferentes:
a) Tipo A.- contratación dos servizos de apoio para a tramitación de incentivos fiscais á I+D+i e bonificacións da seguridade social de persoal investigador que conduzan á obtención da cualificación fiscal vía informe motivado vinculante correspondente ao exercicio fiscal 2023. Cun límite da axuda de até 5.000,00 €.
b) Tipo B.- contratación de servizos para a tramitación de novas solicitudes de financiamento a propostas de I+D+i en convocatorias de axudas estatais. Cun límite da axuda de até 5.000,00 €.
0 comentarios