O obxectivo do programa bonos Activa comercio é incentivar a demanda comercial, axudando economicamente ás persoas consumidoras, así como fomentar o consumo nos establecementos comerciais retallistas adheridos á campaña.
Ademais, o programa ten como finalidades propiciar o fortalecemento do sector comercial retallista da Comunidade Autónoma de Galicia, dinamizar a actividade comercial promovendo as compras de bens en comercios, mellorar o fondo de manobra dos establecementos comerciais e paliar o impacto negativo derivado da actual situación inflacionista.

Actividade subvencionable
Por medio desta orde subvencionarase a compra de bens, a través dos bonos Activa comercio, nos establecementos comerciais retallistas de Galicia adheridos ao programa.
As vendas subvencionadas serán as que se realicen nas datas fixadas nas bases reguladoras.
Cada bono terá a consideración de bono desconto por un valor de ata 30 € para as compras realizadas nos comercios adheridos. Poderase usar cada bono ata o seu esgotamento ou, no seu caso, ata o esgotamento do crédito dispoñible no programa.
O importe do bono irase reducindo en función do valor da compra realizada de acordo cos seguintes criterios:

  • Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €.
  • Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.
  • Desconto de 15 € en compras iguais ou superiores a 50 €.
    Todas estas contías enténdense co IVE incluído.

Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que realicen as actuacións establecidas nas bases reguladoras. Para ser beneficiarias terán que tramitar as súas solicitudes conforme ao establecido nesta orde.
As axudas entenderanse concedidas co troco dos bonos polas persoas usuarias.

Alta e requisitos dos comercios para a adhesión ao programa

Os establecementos comerciais retallistas que desexen adherirse ao programa bonos Activa comercio deberán rexistrarse na web www.bonosactivacomercio.gal indicando a seguinte información:

  • Nome e apelidos ou razón social.
  • Establecemento comercial en Galicia.
  • NIF.
  • Nome, apelidos e DNI ou NIE da persoa representante.
  • Nome comercial.
  • Enderezo do establecemento comercial.
  • Número de teléfono móbil.
  • Correo electrónico.
  • IAE principal (incluído no anexo I).
  • IBAN da conta bancaria.
  • Páxina web do establecemento comercial.

O prazo para adherirse ao programa será dende o día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o esgotamento do crédito dispoñible ou, en todo caso, ata o 1 de setembro de 2024, sen prexuízo da súa posible ampliación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Poderán adherirse ao programa bonos Activa comercio os establecementos comerciais retallistas que cumpran os seguintes requisitos:
a. Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia (establecemento comercial en Galicia) e reúnan as condicións legalmente establecidas para o exercicio da súa actividade.
b. Que sexan persoas empresarias autónomas ou pequenas e medianas empresas de conformidade co previsto no Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.
c. Que estean dados de alta nalgún dos grupos ou epígrafes do IAE recollidos no anexo I desta orde.

Sistema de funcionamento dos bonos

  1. A descarga dos bonos polas persoas usuarias realizarase na web www.bonosactivacomercio.gal. Os bonos terán formato dixital a través dun código QR e estarán dispoñibles para a súa utilización nunha APP que permita realizar pagamentos (Wallet ou similar).
  2. Para trocar os bonos e poder facer efectivos os descontos ás persoas usuarias, os/as comerciantes terán que descargar no seu móbil a APP bonos Activa comercio.
  3. No momento da compravenda, os/as comerciantes terán que introducir na APP o importe e o concepto da venda, aparecendo automaticamente o importe a cobrar (unha vez aplicado o desconto). Pola súa banda, as persoas usuarias deberán mostrar o seu bono en formato código QR e pagar, en efectivo ou con tarxeta, o importe final da compra realizada.
  4. Os bonos descargados poderanse utilizar ata que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance os 2.500.000,00 €.

Data de descarga dos bonos
Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonosactivacomercio.gal para a súa descarga polas persoas usuarias dende o 26 de abril ata o 15 de setembro de 2024, agás no caso de que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance os 2.500.000,00 €.
Mediante orde da Consellería de Economía, Industria e Innovación poderanse modificar as anteditas datas se razóns organizativas ou de outra índole así o aconsellaran, dándose a oportuna publicidade.

Grupos e epígrafes do IAE:
651.1.- Comercio polo miúdo de produtos téxtiles, confeccións para o fogar, alfombras e similares e artigos de tapicería
651.2.- Comercio polo miúdo de toda clase de prendas para o vestido e tocado
651.3.- Comercio polo miúdo de lencería e corsetería
651.4.- Comercio polo miúdo de artigos de mercería e paquetería
651.5.- Comercio polo miúdo de pezas especiais
651.6.- Comercio polo miúdo de calzado, artigos de pel e imitación ou produtos sustitutivos,
cintos, carteiras, bolsos, maletas e artigos de viaxe en xeral
651.7.- Comercio polo miúdo de confeccións de peletería
652.2.- Comercio polo miúdo de produtos de droguería, perfumería e cosmética, limpeza, pinturas, vernices, disolventes, papeis e outros produtos para a decoración e de produtos químicos
652.3.- Comercio polo miúdo de produtos de perfumería e cosmética, e artigos para a hixiene e o aseo persoal
652.4.- Comercio polo miúdo de plantas e herbas en herbolarios
653.1.- Comercio polo miúdo de mobles (agás os de oficina)
653.2.- Comercio polo miúdo de material e aparellos eléctricos, electrónicos, electrodomésticos e outros aparellos de uso doméstico accionados por outro tipo de enerxía distinta da eléctrica, así como de mobles de cociña
653.3.- Comercio polo miúdo de artigos de enxoval, ferraxería, adorno, agasallo ou reclamo (incluíndo bixutería e pequenos electrodomésticos)
653.6.- Comercio polo miúdo de artigos de bricolaxe
653.9.- Comercio polo miúdo doutros artigos para o equipamento do fogar NCOP
656.- Comercio polo miúdo de bens usados tales como mobles, pezas e aveños ordinarios de uso doméstico
657.- Comercio polo miúdo de instrumentos musicais en xeral, así como dos seus accesorios
659.1.- Comercio polo miúdo de selos, moedas, medallas conmemorativas, billetes para coleccionistas, obras de arte e antigüidades, minerais soltos ou en coleccións, fósiles, insectos, cunchas, plantas e animais disecados
659.2.- Comercio polo miúdo de mobles de oficina e de máquinas e equipos de oficina
659.3.- Comercio polo miúdo de aparellos e instrumentos médicos, ortopédicos, ópticos e fotográficos
659.4.- Comercio polo miúdo de libros, xornais, artigos de papelería e escritorio, e artigos de debuxo e belas artes
659.5.- Comercio polo miúdo de artigos de xoiería, reloxería, pratería e bixutería
659.6.- Comercio polo miúdo de xoguetes, artigos de deporte, pezas deportivas de vestido, calzado e tocado, armas, cartucharía e artigos de pirotecnia
659.7.- Comercio polo miúdo de sementes, abonos, flores e plantas e pequenos animais
659.8.- Comercio polo miúdo denominado sex-shop
659.9.- Comercio polo miúdo doutros produtos non especificados nesta Agrupación, excepto os que deban clasificarse no epígrafe 653.9
972.1.- Servizos de barbaría de señora e cabaleiro
972.2.- Salóns e institutos de beleza e gabinetes de estética


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *