Este programa ten como finalidade evitar o peche de negocios por falta de remuda xeracional, á vez que facilita que as persoas interesadas en emprender teñan a posibilidade de recoller a testemuña dun negocio xa viable economicamente.
A quen está destinado?
Poderán ser beneficiarios do Bono Remuda as persoas traballadoras autónomas, de alta no RETA ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social, así como as mutualistas, e as sociedades de calquera clase.
O negocio obxecto de remuda debe ter o domicilio social e fiscal e o centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e un mínimo de antigüidade de 5 anos. Ademais non poden ter transcorrido mais de 12 meses entre a publicación desta orde e a baixa no RETA ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade, e no IAE, da persoa titular do negocio que se transmite. Este negocio que se transmite debe estar inscrito na Bolsa de Remuda da Rede de Polos de Emprendemento de Galicia.
A remuda, para ser subvencionable, deberá estar motivada pola xubilación ou pola proximidade da idade de xubilación da persoa titular do negocio. Tamén pode estar motivada por causas sobrevindas como a incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou a morte.
Que gastos son subvencionables?
O Bono remuda subvenciona o prezo, sen IVE, estipulado no contrato de remuda, dun negocio ou actividade con domicilio social e fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia que previamente estivese inscrito na Bolsa de remuda da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego. Exceptúase deste requisito os negocios que fosen obxecto de remuda antes da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
A porcentaxe do prezo do contrato para subvencionar varía segundo a liña de axuda:
- Na liña 1: bono remuda rural, para negocios situados en concellos de menos de 10.000 habitantes, subvenciónase o 75% do prezo do contrato de remuda.
- Na liña 2: bono remuda xeneral subvenciónase un 70% do prezo do contrato de remuda.
No caso de que a persoa beneficiaria da axuda acceda á remuda mediante o alugueiro do local e/o medios produtivos, o importe para percibir será o correspondente aos primeiros 18 meses de alugueiro. O importe mensual do alugueiro deberá figurar no contrato de remuda.
Cal é o importe da axuda?
A contía máxima subvencionable por remuda será de 30.000 euros, excepto nos casos en que o obxecto da remuda estea constituído por unha licenza de actividade que habilite para o desenvolvemento da mesma, nese caso a contía máxima subvencionable por remuda será de 10.000 euros.
As persoas traballadoras autónomas que transmitan o negocio, percibirán un importe de 6.000 euros cando o negocio que transmiten encádrese na Liña 1: Bono remuda rural, e de 3.000 euros cando o negocio que transmiten encádrese na Liña 2: Bono remuda xeneral.
Data límite de presentación
O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o 24 de xaneiro de 2025 e finalizará o 30 de setembro de 2025.
Como podo solicitalo?
Se estás interesado nestas axudas de bono remuda, contacta connosco a través de info@asecasesores.com
Descubre máis desde ASEC ASESORES
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 comentarios