Trátase dunha iniciativa pensada para facilitar a independencia dos mozos e mozas de entre 18 e 35 anos. Este programa ofrece apoio económico a aqueles que queiran alugar ou comprar a súa primeira vivenda.
Que é o Bono Emancípate
Unha axuda económica para as persoas mozas traballadoras que adquiran ou aluguen unha vivenda con posterioridade ao 31 de maio de 2024 e en todo caso antes da data de remate do prazo de solicitudes, a través do Bono emancípate, para contribuír a sufragar os gastos derivados da súa emancipación nunha vivenda distinta da dos/das seus/súas proxenitores/as, que non sexan os do prezo de adquisición ou da renda de alugueiro, como son os derivados dunha mudanza, a adquisición de mobiliario e artigos de decoración en xeral, electrodomésticos, enxoval de cociña e baño, téxtil de fogar e gastos de xestoría ou notaría.
Este bono, incorporado como crédito nunha tarxeta virtual, poderá ser utilizado en establecementos de venda de mobiliario, de electrodomésticos, tendas de decoración e outros establecementos especializados, grandes superficies, empresas de mudanzas, xestorías e notarías.
Que gastos incluirá este bono?
Esta axuda destinarase á adquisición de mobles e diversos artigos domésticos que se detallan a continuación:
- Mobles de salón/comedor: sofá, mesa de comedor, cadeira/s, lámpada de pé ou de teito, mesa auxiliar, moble de TV, estante.
- Mobles de cuarto: cabeceiro, estrutura de cama, somier, colchón, amofada, aparador, armario, lámpada de pé ou de teito, mesa auxiliar.
- Mobles de cociña: mesa, cadeira/s, estante, lámpada de teito.
- Mobles de baño: estante, moble de lavabo, cadeira, biombo ou cortina de ducha.
- Electrodomésticos: forno convencional, forno microondas, lavadora, secadora, frigorífico, deshumidificador, radiador.
- Artigos de decoración: cadros, porta retratos, testos, plantas, alfombras, espellos, floreiros.
- Enxoval de cociña: potas, cazos, tixolas e similares, vaixela, cubertos e outros utensilios.
- Enxoval de baño: xaboeira, porta cepillos e similares, espello de aumento.
- Téxtil de fogar: sabas, edredóns, toallas, mantas.
- Gastos de mudanza: os derivados do servizo de traslado de mobiliario e aveños dende unha vivenda anterior ata aquela alugada ou adquirida que da dereito ao cobro da axuda.
- Gastos de xestoría e notaría: os honorarios que aplique a xestoría ou a notaría polas xestións derivadas dos contratos de arrendamento ou de compravenda que dan dereito ao cobro desta axuda.
Os produtos e servizos subvencionados serán aqueles que se adquiran desde a data da activación da tarxeta polas persoas beneficiarias ata o 31 de decembro de 2025.
Importes das axudas e Prazo
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 6 de febreiro de 2025 ata o día 30 de
abril de 2025, ambos incluídos. Estas serán as cantidades a percibir:
- Para alugueres: os mozos que opten por alugar recibirán unha axuda de 1.500 €.
- Para os propietarios: os que adquiran unha vivenda recibirán unha axuda de 3.000 €.
Descubre máis desde ASEC ASESORES
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 comentarios