Como funciona?
Cada cliente disporá como máximo dun bono desconto por un importe de ata 120€ que se poderá descontar nos distintos establecementos comerciais participantes e que se identificará co distintivo da campaña.
Cada beneficiario disporá dun único bono para menores de 6 a 16 anos nas condicións desta orde, que poderá utilizarse nun ou varios dos establecementos adheridos ao programa. Cada vale terá un valor de ata 120€, IVE. incluído, que terá a consideración de vale desconto do 80% da compra ou servizo adquirido. O importe da bonificación reducirase en función do valor da compra realizada.
A quen vai dirixido?
1. Poderán ser beneficiarias das axudas do Bono deporte o pai ou nai, titor/a ou persoa que teña en acollemento familiar ou garda con fins adoptivos a un menor con idade comprendida entre os 6 e os 16 anos no momento da solicitude, federado ou inscrito no programa XOGADE, e que realicen as actuacións establecidas no artigo 5 destas bases reguladoras.
Cada menor xerará dereito a un único bono deporte. Sen prexuízo de que o menor sexa titular de varias licenzas deportivas, dunha licenza e dun identificador XOGADE, ou que simultanee distintas actividades deportivas, cada persoa beneficiaria disporá dun único bono deporte por menor con idade comprendida entre os 6 e os 16 anos, nos termos que se establecen na presente orde.
O identificador XOGADE ou o número de licenza deportiva federada do menor con idade comprendida entre os 6 e os 16 anos deberá estar emitida durante o 2023, e o menor deberá continuar no programa XOGADE ou ter licenza deportiva federada no momento da descarga do bono.
2. As axudas entenderanse preconcedidas coa descarga dos bonos polas persoas beneficiarias.
Requisitos
Requisitos dos establecementos adheridos ao programa:
Poderán adherirse ao programa Bono deporte os establecementos comerciais, entidades deportivas e prestatarios de servizos que cumpran os seguintes requisitos:
a) No caso dos establecementos comerciais e dos prestatarios de servizos, que desenvolvan a súa actividade en Galicia e reúnan as condicións legalmente establecidas para o exercicio da súa actividade.
No caso das entidades deportivas, que estean inscritas no Rexistro de Entidades deportivas de Galicia .
b) Que en ambos supostos estean dados de alta nalgún dos grupos ou epígrafes do IAE recollidos no anexo I desta orde.
Prazo
Prazo de presentación: PECHADO
12/12/2023 00:00 – 02/01/2024 23:59
O prazo para adherirse ao programa será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de decembro de 2023, sen prexuízo da súa posible ampliación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Data de descarga dos bonos:
Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonodeporte.gal para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 8 de xaneiro de 2024 ao 29 de febreiro dese ano. Non obstante, se antes do 29 de febreiro de 2024 se esgotase o crédito máximo fixado nesta orde, nese momento finalizaría o prazo de descarga.
Documentación para a presentación
Alta e requisitos dos establecementos adheridos ao programa :
1. Os establecementos comerciais, entidades deportivas e prestatarios de servizos que desexen adherirse ao programa Bono deporte deberán rexistrarse na web www.bonodeporte.gal indicando a seguinte información:
• Nome e apelidos ou razón social.
• Establecemento comercial en Galicia.
• NIF.
• Nome, apelidos e DNI ou NIE da persoa representante.
• Nome comercial.
• Enderezo do establecemento comercial.
• Número de teléfono móbil.
• Correo electrónico.
• IAE (incluído no anexo I).
• IBAN da conta bancaria.
• Páxina web do establecemento comercial.
2. O prazo para adherirse ao programa será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de decembro de 2023, sen prexuízo da súa posible ampliación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
3. Poderán adherirse ao programa Bono deporte os establecementos comerciais, entidades deportivas e prestatarios de servizos que cumpran os seguintes requisitos:
a) No caso dos establecementos comerciais e dos prestatarios de servizos, que desenvolvan a súa actividade en Galicia e reúnan as condicións legalmente establecidas para o exercicio da súa actividade.
No caso das entidades deportivas, que estean inscritas no Rexistro de Entidades deportivas de Galicia .
b) Que en ambos supostos estean dados de alta nalgún dos grupos ou epígrafes do IAE recollidos no anexo I desta orde.
4. A alta e o uso da aplicación polos establecementos comerciais, entidades deportivas e prestatarios de servizos, suporá a aceptación das condicións do seu uso e da política de privacidade conforme o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos) e á Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, da que serán informadas convenientemente.
5. Na alta para a adhesión ao programa, as persoas e entidades interesadas poderán outorgar a súa autorización para recibir información das axudas, actuacións e programas que poña en marcha a Secretaría Xeral para o Deporte.
6. Os representantes dos establecementos comerciais, entidades deportivas ou prestatarios de servizos, deberán asinar dixitalmente a declaración responsable, manifestando o cumprimento das condicións establecidas e a veracidade dos datos indicados, sen prexuízo de cantas outras formalidades estean obrigadas a cumprir. A Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a través da Secretaría Xeral para o Deporte poderá comprobar ou, se é o caso, solicitar en calquera momento os documentos acreditativos dos mencionados requisitos.
7. Non se admitirán nin se terán en conta as solicitudes presentadas que non cumpran coas anteriores condicións nin coa forma establecida nesta orde.
8. O nome comercial e a localización dos establecementos comerciais, entidades deportivas ou prestatarios de servizos adheridos ao programa Bono deporte farase pública na web www.bonodeporte.gal.
9. Os establecementos comerciais, entidades deportivas ou prestatarios de servizos adheridos ao programa recibirán cunha periodicidade semanal, na conta bancaria indicada para tal efecto, a cantidade equivalente aos bonos trocados no seu establecemento, agás no suposto previsto no artigo 20 destas bases reguladoras.
Comprobación de datos dos establecementos comerciais, entidades deportivas ou prestatarios de servizos adheridos .
1.- Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) DNI ou NIE da persoa representante.
d) NIF da entidade representante
e) Imposto de Actividades Económicas (IAE): epígrafes até un máximo de 10 do Imposto de Actividades Económicas, nos que se encontra matriculado (de alta ou de baixa) un contribuínte ou titular na data actual
2.- No caso de que as persoas interesadas se opoñan á súa consulta deberán indicalo e achegar os correspondentes documentos.
Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar la consulta.
3.- Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Presentación da solicitude dos bonos:
1. Para a obtención dos bonos, cada persoa beneficiaria deberá darse de alta na web www.bonodeporte.gal indicando a seguinte información:
a) Nome e apelidos do pai/nai, titor ou persoa que teña en situación de acollemento familiar ou garda con fins adoptivos ao menor con idade comprendida entre os 6 e 16 anos.
b) Maioría de idade.
c) DNI/NIE.
d) Localidade de residencia (código postal).
e) Número de teléfono móbil.
f) Correo electrónico.
g) Nome e apelidos do menor con idade comprendida entre os 6 e os 16 anos.
h) Data de nacemento do menor con idade comprendida entre os 6 e os 16 anos.
i) No seu caso, DNI do menor con idade comprendida entre os 6 e os 16 anos.
j) Identificador XOGADE ou número de licenza deportiva federada do menor con idade comprendida entre os 6 e os 16 anos, nos termos estabecidos no artigo 9 da presente orde.
k) En caso de ser licenza deportiva federada, federación emisora.
2. O uso da páxina web e a solicitude do Bono deporte supón a aceptación das condicións para o tratamento de datos persoais conforme o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e á Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a través da Secretaría Xeral para o Deporte poderá verificar os datos persoais que obran no seu poder así como aqueles outros relativos á licenza deportiva federada xestionados polas federacións deportivas galegas no exercicio das funcións públicas delegadas que lles atribúe a Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.
3. As persoas beneficiarias deberán declarar responsablemente a veracidade dos datos indicados. A Secretaría Xeral para o Deporte poderá solicitar, en calquera momento, os documentos acreditativos dos mencionados requisitos.
4. Así mesmo, as persoas beneficiarias deberán declarar responsablemente que están ao día do cumprimento das obrigas coa Facenda Pública do Estado e da Administración autonómica, así como coa Seguridade Social, e que están ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia
5. Opcionalmente, os bonos poderanse solicitar presencialmente na Secretaría Xeral para o Deporte e nos servizos de Deporte das xefaturas territoriais da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
As persoas interesadas, ou os/as seus/súas representantes, poderán autorizar expresamente aos/ás empregados/as para a solicitude e a obtención dos bonos en formato papel. Neste suposto deberase acreditar a representación expresa por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna ou mediante declaración responsable en comparecencia persoal da persoa interesada ante o/a funcionario/a da Administración.
Sistema de funcionamento dos bonos .
1. A descarga dos bonos polas persoas beneficiarias realizarase na web www.bonodeporte.gal, e, nese momento, entenderase preconcedida a axuda. Os bonos terán formato dixital a través dun código QR e estarán dispoñibles para a súa utilización nunha APP que permita realizar pagamentos (Wallet ou similar).
2. Para trocar os bonos e poder facer efectivos os descontos ás persoas beneficiarias, os establecementos adheridos terán que descargar no seu móbil a APP bonos deporte.
3. No momento da compravenda ou da prestación do servicio, os establecementos adheridos terán que introducir na APP o importe e o concepto da venda ou da prestación do servizo, aparecendo automaticamente o importe que se vai cobrar (unha vez aplicado o desconto). Pola súa banda, as persoas beneficiarias deberán mostrar o seu bono en formato código QR e pagar, en efectivo ou con tarxeta, o importe final da compra realizada.
0 comentarios