A Xunta facilita unha axuda directa de 5.000 € ao ano para o coidado da persoa con dependencia na casa, sexa cal sexa o nivel de renda, sexa cal sexa o grao de dependencia: para todos por igual. 

O Bono coidado no fogar trátase dunha axuda directa que permite ás persoas en situación de dependencia (maiores e persoas con discapacidade con situación de dependencia recoñecida) permanecer na súa contorna ao coidado dun familiar, veciño ou profesional. 

  • Sen trámites: Se actualmente a persoa con dependencia xa recibe unha axuda de coidados no fogar (tamén coñecida como libranza na contorna familiar): non será necesario ningún trámite, o ingreso actualizarase segundo o novo importe (nos primeiros días de xaneiro de 2024).
  • Se a persoa recibe outra axuda ou servizo por dependente e quere agora o Bono coidado no fogar: Se xa está a recibir un servizo por persoa dependente debe acudir aos servizos sociais de referencia, sexa no Concello ou no centro de saúde, para solicitar o cambio para o Bono coidado no fogar.
  • Se a persoa non recibe ningunha axuda: o primeiro paso ante unha potencial situación de dependencia é acudir aos servicios sociais do Concello ou do centro de saúde para que inicien o proceso de valoración. Cando este se resolva, será o equipo profesional o que determine o recurso que máis se adapte ás súas necesidades de coidado, sexa este bono ou calquera outra axuda autonómica. 

Contacto para máis información:

No caso de que lle fora preciso máis información sobre esta axuda da Xunta de Galicia, pode vostede preguntar no seguinte correo: sxdependencia@xunta.gal ou pode acudir aos servizos sociais do Concello ou do centro de saúde para que o informen


Descubre máis desde ASEC ASESORES

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: ASESORIA DE EMPRESAS E CALIDADE SL.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a Dinahosting que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Usamos cookies propias e de terceiros para analizar os nosos servizos e amosarte publicidade relacionada coas túas preferencias en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación.   
Privacidad