CONCURSO DE CARROZAS DO ENTROIDO PARA O DOMINGO 11 DE FEBREIRO DE 2024
Publicación da convocatoria e prazo de presentación.
- As inscricións poderán ser presentadas dende o día 5 de febreiro, unha vez publicado o extracto da convocatoria no BOPPO na forma e termos previstos na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, en relación coa Base de Datos Nacional de Subvencións.
- A inscrición deberá facerse obrigatoriamente na Biblioteca Municipal Luís Rei, en horario de 9:00h á 14:00h, no modelo de inscrición normalizado (Anexo I), indicando:
- Nome para a carroza.
- Número de integrantes e temática.
- Nome, apelidos, DNI, enderezo e teléfono do representante (no caso de ser un grupo informal e non unha asociación constituída).
- Nome, CIF, enderezo e teléfono da Asociación (no caso de ser unha asociación legalmente constituída). Farase constar así mesmo o nome e DNI do representante da Asociación.
Xunto coa instancia de inscrición deberá achegarse obrigatoriamente a seguinte documentación:
- Copia do DNI do representante do grupo (no caso de grupos informais).
- Copia do CIF da Asociación e copia do DNI do representante (no caso de ser unha asociación legalmente constituída).
- Declaración responsable de atoparse ao corrente das obrigas tributarias e da seguridade social, segundo impreso normalizado (Anexo II).
- Certificado de conta bancaria da Asociación ou do representante do grupo (no caso de grupos informais) para o ingreso do premio.
O prazo de presentación da documentación será do luns 5 de febreiro ao venres 9 de febreiro ás 14:00h.
Normas de participación.
- A temática de cada carroza será libre (aínda que se procurará que non sexa obscena ou ofensiva).
- As carrozas deberán, xunto coa axuda da organización, estar colocadas na Escalinata de San Tomé, para o desfile entre as 16.00 e as 16.30 horas. Para acceder aos premios ou ás gratificacións, as carrozas participantes deberán desfilar obrigatoriamente na orde establecida de antemán pola organización polo seguinte percorrido: Saída da Escalinata de San Tomé – Avda. de Galicia –
Praza do Concello – Avda. de Vilariño – Avda. de Madrid – Rúa Real – Praza de Fefiñáns. - As carrozas deberán ter como mínimo 1,5 metros de altura e un máximo 4 metros dende o chan, 3 metros de longo e 1,5 metros de ancho e estar compostas por un mínimo de 8 integrantes disfrazados. De non ser así, considérase como maqueta, optando só á gratificación por participar. As
maquetas deberán contar cun mínimo de 5 integrantes disfrazados, un mínimo de 1 metro de alto e 1,5 metros de longo e 1 metro de ancho. - Non poderán participar as maquetas e carrozas que fagan referencia a establecementos comerciais.
Premios.
Establécense os seguintes premios, ata un límite máximo de consignación orzamentaria de 9.300,00 euros:
- Premios outorgados conforme á valoración do xurado:
- 1ª Carroza clasificada: 700 €
- 2ª Carroza clasificada: 600 €
- 3ª Carroza clasificada: 500 €
- Premios pola participación no concurso:
- Todas as carrozas que realicen o desfile terán unha gratificación de 250 €.
- Todas as maquetas que realicen o pasacalle terán unha gratificación de 150 €.
CONCURSO DE COMPARSAS PARA O MARTES DE ENTROIDO 13 DE FEBREIRO DE 2024 ás 18:30 horas na Praza de Alfredo Brañas (en caso de choiva trasladarase ao Salón José Peña)
- Publicación da convocatoria e prazo de presentación.
- As inscricións poderán ser presentadas dende o día 5 de febreiro, unha vez publicado o extracto da convocatoria no BOPPO na forma e termos previstos na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, en relación coa Base de Datos Nacional de Subvencións.
- A inscrición deberá facerse obrigatoriamente na Biblioteca Municipal Luís Rei, en horario de 9:00h á 14:00h, no modelo de inscrición normalizado (Anexo I), indicando:
- Nome da comparsa e temática que representa.
- Listado numerado dos integrantes da comparsa e rango de idades.
- Nome, apelidos, DNI, enderezo e teléfono do representante (no caso de ser un grupo informal e non unha asociación constituída).
- Nome, CIF, enderezo e teléfono da Asociación (no caso de ser unha asociación legalmente constituída). Farase constar así mesmo o nome e DNI do representante da Asociación.
- Xunto coa instancia de inscrición deberá achegarse obrigatoriamente a seguinte documentación:
- Copia do DNI do representante do grupo (no caso de grupos informais).
- Copia do CIF da Asociación e copia do DNI do representante (no caso de ser unha asociación legalmente constituída).
- Declaración responsable de atoparse ao corrente das obrigas tributarias e da seguridade social, segundo impreso normalizado (Anexo II).
- Certificado de conta bancaria da Asociación ou do representante do grupo (no caso de grupos informais) para o ingreso do premio.
- O prazo de presentación da documentación será do luns 5 de febreiro ao venres 9 de febreiro ás 14:00h.
- As comparsas terán a obriga de entregar, o mesmo día da inscrición, 2 exemplares das súas letras na biblioteca, para lles seren entregadas ao xurado e ao arquivo municipal. A data límite para esta entrega é o venres 9 de febreiro ás 14.00 horas no mesmo lugar da inscrición.
Normas de participación.
- As comparsas estarán formadas, por un mínimo de 10 persoas, e terán un representante legal maior de idade, que asuma a responsabilidade en todos os supostos derivados da participación neste concurso.
- As comparsas deberán estar o martes 13 de febreiro de 2024, coa suficiente antelación, no Praza de Alfredo Brañas ou, en caso de mal tempo, no Salón José Peña.
- As comparsas contarán con medios propios para faceren a súa actuación, e terán un máximo de 20 minutos dende que suban ata que baixen do escenario ou un máximo de 5 cancións por grupo. Establécese igualmente un mínimo de 3 cancións para poder participar.
- A actuación realizarase segundo a orde establecida no momento da inscrición, da que deberán estar pendentes cada un dos seus representantes.
- As comparsas non poderán usar na súa actuación medios ou materiais que supoñan un perigo para as persoas. O xurado penalizará as comparsas que incumpran este apartado coa súa eliminación automática.
- Unha vez rematado o concurso, as comparsas retirarán do espazo no que se realice o Concurso todas as súas pertenzas. De non facelo poden incorrer nunha penalización económica.
- As comparsas que o precisen comprométense a entregar, con tempo suficiente (a través dun CD, memoria extraíble…) ao técnico do son os arquivos de música que queiran reproducir durante a súa actuación. Deberán concretar co antedito técnico formato e calidade para evitar problemas durante
a actuación. - Co fin de colaborar e de lle dar máis vistosidade ao desfile de carrozas do Domingo de Entroido, animaráselles ás comparsas a que participen no devandito desfile.
Premios.
Establécense os seguintes premios, ata un límite máximo de consignación orzamentaria de 3.350,00 euros:
1.- Premios outorgados conforme á valoración do xurado:
- 1ª Comparsa Clasificada: 600 €
- 2ª Comparsa Clasificada: 450 €
- 3ª Comparsa Clasificada: 300 €
2.- Premios pola participación no concurso: Todas as comparsas participantes no concurso levarán unha gratificación de 200 €.
3.- Segundo a normativa vixente, os premios superiores a 300 € estarán suxeitos á correspondente retención tributaria.
CONCURSO DE DISFRACES XUVENIL E ADULTO PARA O MARTES DE ENTROIDO 13 DE FEBREIRO DE 2024
Publicación da convocatoria e prazo de presentación.
- As inscricións poderán ser presentadas dende o día 5 de febreiro, unha vez publicado o extracto da convocatoria no BOPPO na forma e termos previstos na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, en relación coa Base de Datos Nacional de Subvencións.
- A inscrición deberá facerse obrigatoriamente na Biblioteca Municipal Luís Rei, en horario de 9:00h á 14:00h, no modelo de inscrición normalizado (Anexo I), indicando:
- Indicación da modalidade na que se participa: Individual, Parella ou Grupo.
- Para a modalidade Individual: Nome, apelidos, DNI, enderezo e teléfono da persoa participante. Os menores de idade que participen no desfile deberán ser inscritos por un adulto, que actuará como representante e dita inscrición levará implícita a autorización por parte dos responsables dos menores.
- Para a modalidade Parella ou Grupo:
- Nome, apelidos, DNI, enderezo e teléfono do representante (no caso de tratarse dun grupo informal e non unha asociación constituída).
- Nome, CIF, enderezo e teléfono da Asociación (no caso de ser unha asociación legalmente constituída). Farase constar así mesmo o nome e DNI do representante da Asociación.
3.- Xunto coa instancia de inscrición deberá achegarse obrigatoriamente a seguinte documentación: - Copia do DNI no caso de: persoa individual participante; representante dun menor; representante dun grupo informal.
- Copia do CIF da Asociación e copia do DNI do representante (no caso de ser unha asociación legalmente constituída).
- Declaración responsable de atoparse ao corrente das obrigas tributarias e da seguridade social, segundo impreso normalizado (Anexo II).
4.- O prazo de presentación da documentación será do luns 5 de febreiro ao venres 9 de febreiro ás 14:00h. Tamén, de xeito excepcional, abrirase un prazo de inscrición o martes 13 de febreiro, no lugar da realización do concurso, en horario de 16.30h a 17.00h. Os participantes deberán obrigatoriamente desfilar pola pasarela.
Premios.
1.- Establécense os seguintes premios, ata un límite máximo de consignación orzamentaria de 1.050,00 euros que se imputará á aplicación 3380.48100:
-Dous premios ao mellor Disfrace Individual:
- Xuvenil: un premio de 125€
- Adulto: un premio de 125€
-Dous premios ao mellor Disfrace en Parella:
- Xuvenil: un premio de 175€
- Adulto: un premio de 175€
-Dous premios ao mellor Disfrace de Grupo:
- Xuvenil: un premio de 225€
- Adulto: un premio de 225€
*Consideraranse na categoría Xuvenil aos rapaces e rapazas de 12 a 17 anos cumpridos e Adultos de 18 anos cumpridos en diante.
*Terán consideración de Grupo todos aqueles que conten cun mínimo 3 persoas.
*Na categoría de grupos, nos casos nos que haxa adultos e mozos mesturados na unidade do disfrace, prevalecerá no concurso a categoría da maioría dos integrantes.
*Presentarse ao mellor disfrace en modalidade Individual, Parella ou Grupo excluirá de poder presentarse en calquera das outras dúas modalidades.
0 comentarios