Nos vindeiros días poderanse solicitar as Axudas ao Ensino e o Transporte Escolar do Concello de Cambados, pero xa se poden consultar as bases na nosa web, para ir preparando toda a documentación precisa. Adiántate nos trámites e consulta as dubidas que teñas en Asec Asesores
Obxecto da convocatoria.
Estas bases teñen por obxecto establece-los criterios e o procedemento para concede-las subvencións municipais destinadas a colectivos con carencias económicas, co obxecto de paliar os gastos que supón a escolarización pública, ensinanzas artísticas e a formación universitaria en familias con menos recursos económicos do Concello de Cambados.
2.-Estas axudas outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de publicidade e igualdade.
Destinatarios/as e requisitos.
Para ser beneficiario destas axudas é preciso cumprir os seguintes requisitos:
a) Cursar estudos nalgún dos seguintes centros de ensino para os que se solicita a axuda:
-PRIMARIA: Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado no curso 2023/2024 en centros docentes públicos (non concertados) do Concello de Cambados, incluídos alumnos de Oubiña matriculados no colexio de Tremoedo
-ESO: Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado no curso 2023/2024 en centros docentes públicos (non concertados) do Concello de Cambados, incluídos alumnos de Oubiña matriculados no colexio de Tremoedo
-FP: calquera centro público.
-BACHARELATO: calquera centro público.
-UNIVERSITARIOS: calquera centro público.
-ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL-ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES E CONSERVATORIO DE MUSICA: Calquera centro do estado ou conservatorio de musica.
-O ALUMNADO cuxas necesidades educativas especiais impidan a súa escolarización nun centro ordinario do municipio, poderá solicitar a axuda para a asistencia a un Centro de Educación Especial, aínda que non estea localizado no Concello.
b) Que a renda per cápita familiar non supere os límites establecidos na base sexta da presente convocatoria.
c) Estar empadroado no Concello de Cambados e ser fillo dependente economicamente. Non pode beneficiarse destas axudas o alumnado que non sexa dependente economicamente. Consideraranse fillos dependentes economicamente os menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar a 31 de decembro do ano inmediato anterior a aquel no que comeza o curso escolar para o que se solicita a axuda sempre que non teñan un contrato de traballo ou percibiran recursos (agás bolsas) durante o ano 2022.
d) Presentar certificado de matrícula (ou resgardo de ter pagada a matrícula, selado pola entidade bancaria) do/a alumno/a para o curso 2023/2024 (agás alumnos/as de Primaria e ESO).
e) Cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario, recollidas nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións e 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia. Así mesmo deberán cumprir os seguintes requisitos:
- Non ter pendente de xustificar ningunha subvención concedida polo Concello de Cambados.
- Estar ó corrente das obrigas tributarias co Concello de Cambados.
f) As axudas serán solicitadas polos representantes legais do alumnado: os pais, as nais ou os titores, e no caso de alumnos/as de entre 18 e 25 anos poderán facelo tamén os propios beneficiarios.
g) Poderán ser beneficiarios da axuda de transporte os estudantes dos centros situados fóra do Concello de Cambados. Alumnado de:
a. Formación Profesional que curse estudios nalgunha modalidade que non se imparta no municipio ou acreditar que quedou sen praza nun dos centros de Cambados.
b. Universitarios
c. Alumnado de Bacharelato que curse estudios nalgunha modalidade que non se imparta no municipio.
d. Alumnado de ensinanzas artísticas superiores e Conservatorios Superiores de música fóra do Concello de Cambados.
0 comentarios