Axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B, C e D por parte das persoas mozas residentes en Galicia coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade e proceder á convocatoria para o ano 2024.
Gasto subvencionable e contía da axuda
O gasto subvencionable é a suma a tanto alzado de obtención dos permisos de condución obxecto da presente orde, baseado no prezo medio de mercado na Comunidade Autónoma de Galicia para cada tipo de carné.
O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B; de 650 euros para o permiso de clase C e de 1300 euros para o permiso de clase D.
O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de dous ou dos tres permisos obxecto da orde.
Persoas destinatarias e requisitos
Poderán solicitar as axudas as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da súa solicitude:
a) Ter feitos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D, e non ter feitos os 31.
b) Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
c) Non estar traballando por conta propia nin allea.
d) Ter aprobado o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude.
Documentación complementaria
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Autorización temporal para conducir expedida pola Dirección Xeral de Tráfico, no caso de que a persoa solicitante teña aprobado o/s carné/s obxecto da solicitude pero o documento aínda non fose expedido. Esta xustificación debe conter a data de obtención do permiso, que debe estar no intervalo recollido no artigo 5 d).
b) O/s certificado/s de empadroamento histórico que acredite/n a antigüidade mínima esixida
no artigo 5, no caso de que a última variación padroal sexa inferior a 1 ano.
A concorrencia dos demais requisitos esixidos no artigo 5 será obxecto de comprobación automática polo órgano convocante, conforme se recolle no artigo 9.
0 comentarios