DESTINADO A ADEGAS DE ELABORACIÓN DE VIÑO

O obxectivo desta axuda do IGAPE é facilitar o financiamento da adquisición de uva por parte das adegas vinícolas acollidas ás denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas vitícolas galegas para a campaña 2023.

A quen está destinado?

Empresas que teñan polo menos un centro de traballo en Galicia , e que sexan titulares de naves de elaboración de viño.

Que gastos son subvencionables?

As axudas consistirán en subvencionar as comisións e xuros que apliquen as entidades bancarias, e as sociedades de garantía recíproca se é o caso, nas operacións de préstamo necesarias para financiar a adquisición da colleita de 2023.

Cal é o importe da axuda?

  • Un máximo do 0,5% da base subvencionable , co límite da comisión de apertura e formalización cobrada pola entidade de crédito.
  • Un máximo do 0,5% da base subvencionable , co límite da comisión de apertura e estudo cobrada pola sociedade de garantía recíproca que garante a explotación. No caso de préstamos sen garantía da SGR, a subvención por este concepto será de 0 €.
  • Un máximo do 1,25 % da base subvencionable , co límite da comisión de garantía cobrada pola sociedade de garantía recíproca que garante a operación. No caso de préstamos sen garantía da SGR, a subvención por este concepto será de 0 €.
  • % da base subvencionable , como estimación dos xuros correspondentes ao primeiro ano do préstamo.

Data límite de presentación

Aberto ata o 15 de decembro de 2023.


Descubre máis desde ASEC ASESORES

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Categorías: AXUDASIGAPE

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: ASESORIA DE EMPRESAS E CALIDADE SL.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a Dinahosting que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Usamos cookies propias e de terceiros para analizar os nosos servizos e amosarte publicidade relacionada coas túas preferencias en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación.   
Privacidad