Incentivos á contratación como asalariados e formación de desempregados en empresas ordinarias

Plan Galicia Emprega é unha subvención para favorecer a contratación de persoas desempregadas nas empresas ordinarias e, en especial, das que teñan maiores dificultades de inserción laboral a través de 5 programas:

  • Incentivos para a contratación indefinida inicial.
  • Incentivos para aumentar a xornada dos contratos fixos, de tempo parcial a tempo completo.
  • Incentivos para aumentar a duración anual dos contratos fixo-discontinuos ata un mínimo de 9 meses
  • Axudas para a adaptación de postos de traballo de persoas con discapacidade.
  • Incentivos para accións formativas no ámbito laboral para persoas contratadas.

A quen está destinado?

Empresarios e empresas , calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos os autónomos , sociedades civís e comunidades de bens que contraten persoas por conta allea para prestar servizos nos centros de traballo en Galicia.

Cal é o importe da axuda?

Programa I de incentivos á contratación laboral e á formación

  • Incentivos á contratación indefinida inicial: ata 24.500 €.
    • Varía segundo a persoa contratada é: mozo, desempregado de longa duración, migrante, muller, discapacitado, centro de traballo rural, persoa maior de 45 anos, persoa trans ou muller dun oficio no que está infrarrepresentada.
  • Incentivos para aumentar a xornada laboral dos contratos fixos, de tempo parcial a tempo completo: ata 3.000 €
  • Incentivos para aumentar a duración anual dos contratos fixo-discontinuos ata un mínimo de 9 meses: ata 4.000 €
  • Axudas para a adaptación de postos de traballo de persoas con discapacidade: Ata 1.000 €.
  • A liña de incentivos ás accións formativas no ámbito laboral das persoas contratadas: Ata 4.000 €

Data límite de presentación

Próxima apertura, do 26 de xaneiro ao 29 de setembro.


Descubre máis desde ASEC ASESORES

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: ASESORIA DE EMPRESAS E CALIDADE SL.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a Dinahosting que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Usamos cookies propias e de terceiros para analizar os nosos servizos e amosarte publicidade relacionada coas túas preferencias en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación.   
Privacidad