Obxecto

Estas bases teñan por obxecto determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais para o desenvolvemento do sector dos videoxogos na Comunidade Autónoma de Galicia, e proceder á súa convocatoria para o ano 2025.

A finalidade desta convocatoria é :
a) Contribuír á creación, desenvolvemento, produción, edición, distribución e/ou comercialización de proxectos do sector do videoxogos.
b) Xerar emprego, fomentado o desenvolvemento, a profesionalización e a vertebración do sector dos videoxogos, así como fomentar a presenza da muller na industria e impulsar a consecución da igualdade de xénero.
c) Determinar unha estratexia de comunicación e marketing para aumentar a visibilidade dos videoxogos que responden ás características das condicións e requisitos establecidos nestas bases.

Persoas beneficiarias

Poderán optar a estas subvencións as empresas e persoas traballadoras autónomas do sector dos videoxogos que conten cunha oficina ou sucursal permanente na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia, a lo menos cun ano previo a esta convocatoria.

    Proxectos subvencionables e requisitos

    Terán a consideración de proxectos subvencionables aqueles proxectos dirixidos ao desenvolvemento dun videoxogo en todo o seu proceso de creación, deseño e programación, comercialización, distribución e difusión, na súa fase de prototipo, sempre que:
    a) Non estea vinculado á promoción ou publicidade dunha marca empresarial
    b) Non sexa un videoxogo xa publicado.

      Gastos subvencionables

      Terán a consideración de gastos subvencionables os que, de forma indubidable, respondan á natureza da actividades subvencionada, realizados, e pagados, entre o día seguinte da presentación da solicitude destas axudas e o 30 de xuño de 2026, tales como:
      a) Custes de persoal ou servizos profesionais asociados á programación, artes gráficas, deseño do xogo, deseño narrativo, creación de música, son e efectos, probas de validación e calidade, produción ou tradución. Consideraranse subvencionables os gastos de persoal que teñan subscrito un contrato específico, conforme a unha categoría laboral asignada para a realización da actividade subvencionada así como os contratos de profesionais para a realización de tarefas vinculadas ao proxecto nos ámbitos anteriormente descritos.
      b) Custes de persoal con limitacións:
      O importe total máximo por custes de persoal (persoal da propia persoa beneficiaria) que non teñan subscrito un contrato específico para o proxecto obxecto da subvención será o 60% do custo total do
      proxecto

      c) Custes de ferramentas de hardware e software necesarios para o desenvolvemento do videoxogo como compra de licencias ou canones se a súa característica é de ben consumible e a súa única utilidade o proxecto presentado. Para o caso de que puidera ter outros usos polo valor que correspondería a súa amortización, de conformidade co previsto no artigo 12 da Lei 27/20214, de 27 de novembro, de Imposto de Sociedades, polo seu uso no período de execución do proxecto. En ningún caso o custe de adquisición poderá ser superior ao valor de mercado.
      d) Gastos derivados da presentación do proxecto en eventos, feiras e encontros profesionais do sector dos videoxogos, ademais da inscrición, de ser o caso. O custe de aloxamento e manutención non poderá superar o importe de 150 euros/día.

        A intensidade máxima de axuda será do 70% sobre o custo total do proxecto subvencionable, cunha contía máxima por proxecto de 25.000 euros.


        Descubre máis desde ASEC ASESORES

        Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.


        0 comentarios

        Deixa unha resposta

        Marcador de posición do avatar

        O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *