Axudas a clubs deportivos, corporacións deportivas, seccións deportivas e centros de formación deportiva especializada de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas

BENEFICIARIOS

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas, así como os núcleos de adestramento deportivo especializados xestionados por algunha das entidades anteriores, inscritos, en todos os casos, no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.
No caso dos núcleos de adestramento deportivo especializados, deberán estar recoñecidos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

  • De igual forma, será necesario que a entidade solicitante estea correctamente inscrita na aplicación Actfis-Galicia Activa, https://actfis.xunta.gal, que sustenta o Rexistro de Instalacións Deportivas de Galicia
  • Requirirase tamén que a entidade teña aprobado o seu Protocolo de Protección dos Nenos, Nenas e Adolescentes fronte a Violencia no Deporte

EXCLUSIÓNS

  • Os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia nos cales concorra algunha das circunstancias sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas que fosen sancionados pola federación deportiva correspondente no ano anterior á convocatoria, cando a sanción teña a súa orixe en condutas violentas, racistas, xenófobas ou intolerantes provocadas polas persoas espectadoras e asistentes.
  • Os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas que discriminen nos premios ou recoñecementos que outorguen as persoas deportistas por razón de xénero.
  • Os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas que non teñan adaptados os seus estatutos á Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, no momento da solicitude.
  • Os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas que non teñan actualizados os datos da súa xunta directiva no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, no momento da solicitude.
GASTOS SUBVENCIONADOS
  • Na liña de actuación I serán subvencionables os gastos derivados da participación en competicións de carácter oficial en 2024
  • Na liña de actuación II serán subvencionables, os gastos derivados da participación en competicións de carácter oficial e os gastos correntes do núcleo de adestramento deportivo especializado no período comprendido entre o 1 de decembro de 2024 e o 30 de novembro de 2025.
  • Estas subvencións poderán ser concorrentes con subvencións doutras administracións ou entes públicos ou privados.
  • As axudas desta orde reguladas nas liñas I e II son compatibles entre si, polo que a mesma entidade poderá optar á subvención para a participación en competicións oficiais e, se é o caso, como centro de formación deportiva especializada.
CONTÍA DA AXUDA

Para a liña de actuación I Desenvolvemento de actividades deportivas establécese a contía de axuda máxima por entidade beneficiaria en 10.000 €.
Para a liña de actuación II Núcleos de adestramento deportivo especializado establécese a contía de axuda máxima por entidade beneficiaria en 29.999 €.

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario O¥icial de Galicia

XUSTIFACACIÓN DA SUBVENCIÓN

Os gastos que se subvencionen con relación á liña de actuación I, corresponderán ao período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano 2024, debendo terse efectuado e pagado nese período.

Os gastos que se subvencionen con relación á liña de actuación II corresponderán ao período comprendido entre o 1 de decembro de 2024 e o 30 de novembro de 2025, debendo terse efectuado e pagado nese período.


Descubre máis desde ASEC ASESORES

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Categorías: AXUDAS

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *