Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do Programa de fomento do emprego autónomo de Galicia (TR341D) e proceder á súa convocatoria para o ano 2024.
Este programa ten por obxecto a concesión de 2 liñas de axudas económicas a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no inicio e mantemento da súa actividade laboral.
Ao abeiro desta orde subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou nunha mutua de colexio profesional e os gastos de mantemento da actividade que, cumprindo os requisitos e condicións establecidos nela, formalizanse desde o 30 de setembro de 2023. ata o 29 de setembro de 2024, ambos incluídos.
Establécense 2 liñas de axudas:
a) Liña 1: Axudas para o inicio da actividade económica e o mantemento do emprego como autónomo
b) Liña 2: Axudas para cubrir os gastos de mantemento da actividade por conta propia, equivalentes a 12 meses do importe da cota reducida regulada no apartado 1 do artigo 38 ter da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo por conta allea Esta convocatoria incorpora o establecemento de métodos de custo simplificados segundo o disposto no Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021.
Persoas beneficiarias e requisitos
Serán beneficiarias aquelas persoas que causen alta definitiva no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, entre o 30 de setembro de 2023 e o 29 de setembro de 2024, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, sempre que cumpran as seguintes condicións:
Para a liña 1:
a) Estar inscrita como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego, no momento do alta en vida laboral como persoa autónoma ou, no caso de mutualistas, mediante certificado da mutua, carecendo de ocupación efectiva segundo informe de vida laboral da Tesourería Xeral da Seguridade Social e atoparse en tal situación na data de inicio da actividade laboral.
b) Ter iniciada a actividade segundo definición do artigo 6.3 con anterioridade á presentación da solicitude da subvención, e non ter ningunha alta anterior como persoa traballadora autónoma nos tres anos inmediatamente anteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.
c) Atoparse de alta no Imposto de Actividades Económicas
d) Desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia (segundo o alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036 ou 037).
e) Ter o domicilio fiscal en Galicia con anterioridade a solicitude da axuda.
Para a liña 2:
a) Ser persoa autónoma beneficiaria da cota reducida regulada no apartado 1 do artigo 38 ter da Lei 20/2007, do 11 de xullo no momento de presentación da solicitude.
b) Estar inscrita como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego, no momento do alta en vida laboral como persoa autónoma ou, no caso de mutualistas, mediante certificado da mutua, carecendo de ocupación efectiva segundo informe de vida laboral da Tesourería Xeral da Seguridade Social e atoparse en tal situación na data de inicio da actividade laboral.
c) Ter iniciada a actividade segundo definición do artigo 6.3 con anterioridade á presentación da solicitude da subvención.
d) Atoparse de alta no Imposto de Actividades Económicas
e) Desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia (segundo o alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036 ou 037).
f) Ter o domicilio fiscal en Galicia con anterioridade á solicitude da axuda.
- As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias das axudas deste programa, cando formen parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal. Neste caso, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención.
- Quedan excluídas deste programa as persoas socias de sociedades mercantís, sociedades laborais, os administradores e as persoas autónomas colaboradoras.
Liñas de axuda e contía da subvención
Co obxecto de axudar ás persoas desempregadas ao comezo e ao mantemento do seu emprego como persoa traballadora autónoma e deste xeito facilitarlle ingresos durante o inicio da súa actividade laboral, establécese dúas liñas de axuda compatibles entre si.
Liña 1: Unha axuda para apoiar ás persoas desempregadas no inicio da actividade e no mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma e deste xeito facilitarlle ingresos durante o inicio da súa actividade laboral, establécese para todas aquelas persoas que teñan a condición de beneficiarias #de acordo con o establecido no artigo 5, segundo a súa situación no momento de inicio da actividade laboral, unha subvención segundo o método de custos simplificados asociados á operación coas seguintes contías:
2.000 € para persoas desempregadas en xeral.
4.000 € para o caso de persoas desempregadas que se atopen nalgún dos seguintes colectivos, que non serán acumulables:
a) Persoas menores de 30 anos.
b) Persoas desempregadas de longa duración.
c) Persoas desempregadas con discapacidade ou en situación de dependencia. d) Persoas desempregadas que se atopen en situación ou risco de exclusión social. e) Persoas desempregadas que teñan a condición de emigrante retornada
f) Persoas desempregadas que teñan a condición de estranxeira
g) Persoas maiores de 52 anos
A contía basee correspondente incrementarase nun 15% nos seguintes casos:
a) Se a persoa incorporada é unha muller.
b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, de carecer deste)/deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.
c) Persoas maiores de 45 anos (incremento non aplicable ao apartado g) do punto 1.2 deste artigo)
d) Persoas trans.
e) Profesións e oficios nos que a muller estea subrepresentada, segundo informe do Instituto Galego das Cualificacións que se reflicte na lista que figura no anexo III.
Estes cinco incrementos son acumulables e deste xeito a contía máxima posible, de aplicarse todos os incrementos, sería de 7.000 €.
Aplicarase a subvención polo colectivo e os incrementos indicados pola persoa solicitante. En caso de non exercer a opción, entenderase solicitada pola contía superior que quede acreditada coa documentación anexada coa solicitude. Se non queda acreditada a pertenza a ningún colectivo entenderase que solicita pola contía basee mínima.
Liña 2: Unha axuda para sufragar os gastos do mantemento da actividade por conta propia das persoas desempregadas que se inician como traballadoras autónomas, equivalente a contía da cota reducida regulada no apartado 1 do artigo 38 ter da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do Traballo Autónomo, multiplicada por 12, e sempre que se acollan á citada redución. O importe da devandita contía será o determinado polo Real-Decreto-lei 13/2022, do 26 de xullo , polo establécese un novo sistema de cotización para os traballadores autónomos e mellórase a protección por cesamento de actividade.
0 comentarios