Obxecto e normativa de aplicación

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a instalación de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables eléctricas e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases:
a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídas no sector de produción agrícola primaria.
A efectos desta resolución considerarase sector de produción agrícola primaria as actividades incluídas na sección A e en concreto as clases da 1.11 a 02.40 do CNAE-2009 ambas incluídas. Tamén serán subvencionables as actividades contempladas no IAE que se correspondan con estas clases do CNAE 2009.

b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía. Os centros de consumo nos que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación das presentes bases e, en concreto, desenvolver algunha das actividades recollidas no apartado anterior.

Pola contra non poden ser centros consumidores de enerxía nin as persoas particulares (comunidades de propietarios) nin as empresas recollidas no artigo 5.
Contarase en todo caso co visto e prace do titular da instalación, por se dese lugar a modificación do contrato existente entre ambas as partes.

Actuacións subvencionables de enerxías renovables

Serán subvencionables os custes dos investimentos necesarios para o desenvolvemento de instalación que xeren electricidade a partir de fontes de enerxías renovables. En concreto, serán subvencionables as instalacións de xeración eléctrica mediante tecnoloxía fotovoltaica ou minieólica (aos efectos destas bases considérase minieólica aquelas instalacións cunha potencia nominal inferior ou igual a 100 kW) asociadas a algún centro de traballo do sector agrícola primario na modalidade de subministración con autoconsumo.
No caso de instalacións de xeración eléctrica de autoconsumo con excedentes nas que a suma da potencia instalada (tendo en conta a instalación prevista e as preexistentes) no centro de traballo sexa superior a 100 kW será condición imprescindible para ser subvencionable a presentación da autorización administrativa previa e de construción na fase de solicitude de axuda ou ben xustificación de non ser de aplicación as citadas autorizacións.
Os módulos fotovoltaicos deberán ter unha eficiencia enerxética igual ou superior ao 20 % para unha irradiación de 1000 W/m2 e a unha temperatura de 25 ºC.
O investimento elixible máximo por potencia unitaria nominal da instalación será de 1.100 €/kW para instalacións fotovoltaicas e 2.500 €/kW para instalacións minieólicas, IVE non incluído.
Aos efectos destas bases considérase potencia nominal da instalación a potencia mínima entre a potencia nominal dos inversores e o sumatorio da potencia pico dos paneis/aeroxeradores instalados. En instalacións illadas da rede a potencia nominal coincidirá co sumatorio da potencia pico dos paneis/aeroxeradores instalados.

O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 5.000 euros por solicitude (IVE non incluído).

Cada empresa poderá presentar unha ou máis solicitudes. Cada solicitude contemplará un único proxecto técnico que pode constar de unha soa actuación ou de varias actuacións homoxéneas que se valorarán de xeito conxunto. Considéranse actuacións homoxéneas aquelas que integren varios equipos da mesma tecnoloxía renovable/eficiente. As actuacións homoxéneas deberán ser cursadas nunha única solicitude por emprazamento, salvo no caso de instalacións de autoconsumo colectivo conforme ao Real Decreto
244/2019 que poderán incluír varios emprazamentos nunha única solicitude, ou varias solicitudes para as diferentes partidas do mesmo proxecto colectivo.

Actuacións subvencionables de aforro e eficiencia enerxética

Serán proxectos subvencionables as actuacións que acaden un aforro enerxético en relación a situación inicial igual ou superior a 0,1 kWh de enerxía final por cada euro de investimento elixible.
Para contribuír a comprobación dos resultados enerxéticos obtidos será subvencionable a implantación de medidas de contabilización, monitorización e telexestión do consumo de enerxía asociados as actuacións de aforro para as que se solicita axuda e incluso a implantación de sistemas de procesado avanzado de datos aplicados a optimización do consumo enerxético da empresa no tocante a análise dos consumos enerxéticos das actuacións subvencionadas.

Contía da axuda

A contía da axuda será do 30 % do custe elixible da nova instalación, con un máximo de 100.000 euros por proxecto e de 300.000 € por empresa, salvo no suposto de instalacións de autoconsumo colectivo no que se establece unha axuda máxima de 500.000 € por proxecto e de 500.000 € por empresa. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.
En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *