As axudas terán como finalidade a primeira adquisición dun buque de pesca
Estas axudas céntranse na realización de investimentos en buques de pesca destinadas a tripulantes de buques pesqueiros para promover as actividades pesqueiras que sexan económica, social e medioambientalmente sostibles. As axudas terán como finalidade a primeira adquisición dun buque de pesca.
A quen está destinado?
Poderán ser beneficiarias as persoas pescadoras tripulantes de buques pesqueiros con porto base en Galicia. Non ter máis de 40 anos de idade no momento de presentar a solicitude de axuda. Traballar, polo menos, cinco anos como pescadora ou ter a titulación profesional esixida segundo o tipo de embarcación que se van a adquirir. Estar de alta ou situación asimilada ao alta no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar.
Soamente poderase conceder a axuda regulada nesta orde, en relación cun buque de pesca que:
- Pertenza a un segmento de frota que o informe sobre capacidade pesqueira, vixente no momento da solicitude, ao que se refire o artigo 22.2 do Regulamento (UE) n.º 1380/2013, presente equilibrio coas posibilidades de pesca.
- Estea equipado para as actividades pesqueiras.
- Non teña máis de 24 m de eslora total.
- Estivese inscrito no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira durante, polo menos, os tres anos civís anteriores ao ano de presentación da solicitude no caso dun buque de pesca costeira artesanal, e durante, polo menos, cinco anos civís no caso doutro tipo de buque.
- Estivera rexistrado no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira como máximo durante os trinta anos civís anteriores ao ano de presentación da solicitude de axuda
- Estea operativo e rexistrado no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira e non teña solicitada A baixa definitiva.
Que gastos son subvencionables?
Investimentos obxecto de subvención e gastos subvencionables
Para a adquisición dun buque de pesca, o investimento que poderá ser obxecto de subvención é o custo de adquisición da embarcación.
Non serán subvencionables:
- Os gastos de xestoría, rexistro etc. … distintos do prezo de compra do buque.
- As construcións ou importacións de buques.
- O Imposto do Valor Engadido (IVE) cando sexa recuperable.
- Outros impostos recuperables.
- A adquisición de elementos e todo tipo de bens que sexan pagados en man ou mediante préstamos
de entidades provedoras.
Cal é o importe da axuda?
O investimento máximo subvencionable será o menor valor de entre o prezo de adquisición do buque
e unha taxación pericial do valor do buque para comprobar que o custo de adquisición é adecuado co
valor de mercado. A axuda será o 40 % do devandito custo.
Data límite de presentación
Un mes contado dende a publicación no DOG.
Como podo solicitalo?
Se estás interesado nestas subvencións a primeira adquisición dun buque de pesca, contacta connosco a través do formulario adxunto
Descubre máis desde ASEC ASESORES
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 comentarios