OBXECTO

É obxecto das presentes Bases a regulación da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas a entidades deportivas sen ánimo de lucro e deportistas de élite do Concello de Cambados.

A finalidade desta convocatoria é favorecer o desenvolvemento das actividades deportivas no Municipio, a través do financiamento de campionatos e eventos deportivos, así como outras actividades desenvoltas polos clubs ou asociacións de carácter deportivo que fomenten a actividade física e deportiva no Municipio.
Así mesmo, incorpórase unha liña de axudas específica para deportistas de élite do municipio, coa finalidade de contribuír a financiar os gastos vinculados coas competicións e cos adestramentos necesarios para o desenvolvemento da súa modalidade deportiva, en orde ó logro dun mais alto nivel nun futuro próximo

GASTOS SUBVENCIONABLES

Subvencionaranse actuacións levadas a cabo entre o 16 de novembro de 2023 e o 15 de novembro de 2024, sendo os gastos subvencionables os seguintes:

Axudas a entidades deportivas:

Son gastos subvencionables aqueles directamente vinculados á actividade obxecto de subvención, derivados da organización e desenvolvemento de actividades deportivas.
Especifícanse como subvencionables os gastos de seguros, arbitraxes, transportes, premios, vestiario, material deportivo e equipamento necesarios para o desenvolvemento da actividade subvencionada.
Especificamente quedan excluídos, isto é, non se consideran gastos subvencionables, os derivados de comidas por xuntanzas, e en xeral, gastos que non estean directamente vinculados á actividade obxecto de subvención, ou que dificilmente poidan relacionarse coa mesma. Neste sentido terase especialmente en conta os conceptos especificados nas facturas que se entregarán como xustificantes dos gastos. Quedan expresamente excluídas así mesmo as actividades relativas á caza e tauromaquia ou calquera actividade onde se maltrate ou torturen animais e gastos para agasallos ou premios que impliquen alcohol.

Axudas a deportistas de élite:

Son gastos subvencionables aqueles ocasionados pola participación en campionatos ou eventos deportivos federados. Especifícanse como subvencionables os gastos de licenzas, desprazamento e manutención, vestiario, material deportivo e equipamento, relativos en todo caso ao beneficiario da axuda.

CRÉDITO ORZAMENTARIO E CONTÍA

A contía prevista no Orzamento Municipal 2024 para esta convocatoria de subvencións e que representa o máximo de obrigas que se poden adquirir, ascende a 80.000,00 €, sendo a aplicación orzamentaria a 3410.48900. Dentro deste importe total da convocatoria, destinaranse para a liña de axudas a
deportistas de élite un máximo de 1.500,00 €.

A determinación da contía individualizada de cada subvención resultará da puntuación obtida tras a aplicación dos criterios establecidos nas presentes bases e do número de solicitudes, non podendo ser o importe da subvención percibida individualmente por calquera das entidades superior a un 25% da contía consignada para o total da aplicación orzamentaria.

Poderá subvencionarse ata o 80% do custo da actuación solicitada.

BENEFICIARIOS
Axudas a entidades deportivas:
Poderán solicitar estas subvencións as asociacións e entidades que reúnan os seguintes requisitos:
Carecer de fins de lucro. Ter o seu domicilio social no termo municipal de Cambados e figurar inscritas
como tal no Rexistro Municipal de Asociacións, ou non tendo o domicilio no termo municipal afecten dun modo directo a colectivos ou intereses deste Concello. Desenvolver as súas actuacións no ámbito territorial do municipio. Ser un club deportivo adicado a práctica do deporte federado. Ou ser unha
asociación deportiva vinculada a competición e organización de regata de dornas tradicionalmente recoñecidas no municipio de Cambados. Non incorrer en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas nin nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na Lei. Estar ó corrente coas obrigas tributarias da Axencia Estatal Tributaria, Facenda galega, coa Seguridade Social e co Concello de Cambados

Axudas a deportistas de élite:
Poderán ser beneficiarios todos/as os/as deportistas que cumpran e acrediten os seguintes requisitos: Estar empadronado no Concello de Cambados como mínimo con dous anos de antigüidade á data da presente convocatoria. Este dato será comprobado de oficio pola propia administración. Ser membro ACTIVO dunha selección oficial que pertenza a una federación oficial (galega ou española). Este requisito deberá acreditarse mediante escrito da federación, asinado de forma oficial, que demostre que son membros activos do equipo. Estar activo en competicións de ámbito nacional e internacional. Este requisito deberá acreditarse mediante documentos probatorios como ranking, fotografías e documentos oficiais das correspondentes federacións. Non incorrer en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas nin nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na Lei. Estar ó corrente coas obrigas tributarias da Axencia Estatal Tributaria, Facenda galega, coa Seguridade Social e co Concello de Cambados.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As entidades interesadas poderán solicita-las subvencións no prazo de quince días naturais, contados a partir do día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO na forma e termos previstos na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, en relación coa Base de Datos Nacional de Subvencións.

Categorías: AXUDAS

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *