OBXECTO:

Son axudas que teñen como finalidade a execución de medidas de investimentos no sector vitivinícola en Galicia. Poderán ser beneficiarias destas axudas:

 As empresas vitivinícolas

 As organizacións de produtores vitivinícolas.

 As asociacións de dúas ou máis produtores con personalidade xurídica.

 As organizacións interprofesionais.

 As organizacións profesionais.

REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS:

 Deberán ter as súas instalacións localizadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

 As empresas deberán estar constituídas con anterioridade á presentación de solicitudes.

 Cando se trate de empresas cuxa actividade sexa unicamente a comercialización, polo menos un 80 % da súa facturación do último exercicio pechado deberá proceder da comercialización dos produtos mencionados no anexo VII parte II do Regulamento (UE) n.º 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013”.

TIPOS DE ACTUACIÓNS:

Serán admisibles as operacións que contribúan a alcanzar, polo menos, un dos obxectivos estratéxicos seguintes:

 Fomentar a agrupación dos primeiros elos da cadea alimentaria mediante a integración das entidades asociativas e o asociacionismo agrario.

 Fomentar a sustentabilidade social.

 Fomentar os procesos sostibles desde o punto de vista ambiental a través do aforro de enerxía, a eficiencia global, a utilización de enerxías renovables, o aproveitamento de subproductos, tratamento e valorización de residuos e efluentes.

 Fomentar a certificación ambiental das instalacións das empresas vitivinícolas.

 Fomentar a produción ecolóxica.

 Fomentar os produtos acollidos en réximes de calidade e os pagos de uva por calidade.

 Favorecer o incremento da dimensión empresarial.

 Favorecer a participación dos viticultores e elaboradores na cadea de valor.

 Fomentar os investimentos de comercialización.

 Fomentar a innovación e a implantación de novos produtos e novas presentacións.

 Impulsar a introdución das tecnoloxías dixitais nas empresas (Industria Conectada).

GASTOS SUBVENCIONABLES (investimento mínimo 100.000€):

a) Construción, adquisición ou mellora de bens inmobles.
b) Compra de nova maquinaria e equipamentos ata o valor de mercado do produto. Inclúense os investimentos en activos materiais consistentes en sistemas que xeren enerxía.
c) Gastos administrativos vinculados aos gastos contemplados nas letras a) e b), tales como honorarios de arquitectura, enxeñería e asesoría, así como estudos de viabilidade, co límite do 4% dos custos subvencionables. d) Adquisición ou desenvolvemento de soportes lóxicos de computador e adquisición de patentes, licenzas, dereitos de autor e o rexistro de mercas colectivas.
Os investimentos non poderán comezar antes da presentación da solicitude de axuda, salvo os gastos de honorarios técnicos, estudos de viabilidade, geotectónica, de mercado, avaliación de impacto ambiental, adquisición de patentes e licenzas e permisos e seguros de construción, provisión de materiais de construción e encargo ou compa de maquinaria (subministración, pero NON a montaxe, instalación e proba). Para iso deben producirse nos 12 meses previos á solicitude. A axuda aos investimentos poderá consistir en operacións:

a) Anuais, que afectarán o exercicio financeiro seguinte ao exercicio financeiro no que se peche o prazo de presentación de solicitudes de axuda.
b) Bienais, que afectarán aos dous exercicios financeiros seguintes ao exercicio financeiro no que se peche o prazo de presentación de solicitudes de axuda. (un mínimo do 50 % do importe no primeiro ano).

CONTÍA DA AXUDA:

 Pemes (<250 empregados/facturación de ata 50mill. € ou balance de ata 43mill. €/ano): ata un 40% do total do orzamento.

 Empresas non pemes <750 empregados /<200mill. € volume de negocio: ata un 20% do total do orzamento.

 Empresas non pemes >750 empregados />200mill. € volume de negocio: ata un 10% do total do orzamento.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Ata o 31/01/2023. Concorrencia competitiva (o mínimo para acceder á axuda é de 25 puntos.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *