Período de inscrición.

Desde o 30 de xuño de 2023 ata o 31 de xullo de 2023

Obxectivo e finalidade.

Incentivos á contratación por conta allea, que realicen as empresas e persoas empregadoras, para a contratación mínima de 9 meses a xornada completa de persoas mozas, incluídas e que consten como beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, co obxecto de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral.

Convoca.

Xunta de Galicia. Consellería de Emprego e Igualdade.

Dotación.

A axuda consistirá nun incentivo único de 9.000 € por cada persoa nova contratada. A contía da axuda concedida abonarase ás persoas empregadoras ou empresas beneficiarias nun único pago, despois de presentada a documentación xustificativa establecida no artigo 24 desta orde. Serán incompatibles con outras subvencións ou axudas públicas, pero se serán compatibles coas bonificacións ou reducións de cotizacións á Seguridade Social.

Persoas empregadoras e empresas beneficiarias.

As persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten persoas mozas traballadoras por conta allea, para prestar servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, #de acordo con os requisitos e condicións que se establecen nos artigos 6, 7 e 8 desta orde.

Persoas destinatarias finais.

Persoas entre 16 e 30 anos @desemplear, e rexistradas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego e rexistradas en situación de beneficiarias no ficheiro do SNGJ no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Características.

• Ata o 31 de Julio de 2023

• Novas contratacións e outras con anterioridade nos 6 meses anteriores.

• Modalidade Contrato Formación en Alternancia, para a obtención da práctica profesional ou indefinido.

• Entre 16 e 30 anos.

• Demandante de emprego e rexistrado en SNGJ en C. A. Galicia.

• Duración mínima 9 meses xornada completa.

• Formación mínima 50h en competencias brandas.

• Estar ao corrente nas súas obrigacións tributarias estatais, autonómicas e coa Seguridade Social, así como non ter pendente de pago ningunha outra débeda.

Exclusións.

• As relacións laborais de carácter especial previstas no artigo 2.1 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

• Os contratos realizados co cónxuxe, os ascendentes, os descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, da empresaria ou do empresario ou das persoas que teñan cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de administración das empresas que revistan a forma xurídica de sociedade, así como as que se produzan con estes últimos. Non será aplicable esta exclusión cando a persoa empregadora sexa unha persoa traballadora autónoma que contrate como persoa traballadora por conta allea aos fillos e as fillas menores de 30 anos, tanto se conviven ou non con el, ou cando se trate dunha persoa traballadora autónoma sen persoas asalariadas e contrate a un só familiar menor de 45 anos que non conviva no seu fogar nin estea ao seu cargo.

• Os contratos realizados con persoas traballadoras que finalicen unha relación laboral de carácter indefinido noutra empresa nun prazo de 3 meses previos á formalización do contrato, excepto despedimento recoñecido ou declarado improcedente.

Categorías: AXUDAS

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *